sábado, 17 de julio de 2010

Xornalismo escolar: o noso "DE REVOLUTIONIBUS".

Non debemos esquecer que no noso deambular durante este curso 2009-2010, unha das actividades nas que estivemos máis enfrascados foi no proxecto do xornal de "ElPaís.estudiantes": entrevistas, noticias, imaxes,... Puxémoslle moita ilusión, horas e traballo. Aprendimos moitas cousas, achegámonos a persoas moi interesantes,...

Para ver o resultado deste quefacer centrado basicamente na conmemoración, anunciada pola ONU, do ano 2010 como Ano Internacional da Biodiversidade,  clicade aquí e tras seleccionar na PROVINCIA, "Ourense", buscade "Ramón Otero Pedrayo (2A). Outros compañeiros e compañeiras do Instituto tamén traballaron neste proxecto. Noraboa polo seu traballo; así como aos finalistas e aos ganadores do certame.
Pero sobre todo, grazas a vós, meus prezados alumnos e alumnas pola ilusión, as horas de traballo e o esforzo que adicastes a este proxecto. Unha sempre agarimosa aperta, "revolutionibus". GRAZAS POR TODO. Chao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario