lunes, 21 de diciembre de 2009

CIENCIA E TÉCNICA... NAS SETE MARABILLAS DO MUNDO.

Aproveitando esta entrada, con motivo do traballo realizado por Raquel, tamén unha lembranza a algúns dos grandes arquitectos do século XX: ao mozo e vigoroso centenario Oscar Niemeyer e ao xenial Le Corbusier. Na arquitectura danzan ciencia, técnica e arte. E xa de postos: a) www.arqhys.com/ (unha das máis completas páxinassobre os distintos aspectos da arquitectura: historia, monumentos, arquitectos, rañaceos, igrexas, ... antropometría); b) http://aparterei.com/ (en concreto, no número 2 desta revista dixital, un interesante artigo sobre a relación entre arquitectura e filosofía).
A continuación, as "sete" marabillas (arquitectónicas) do mundo... por Raquel Losada.

jueves, 17 de diciembre de 2009

REMATANDO O ANO 2009, ADICADO Á ASTRONOMÍA...




[Foto tomada da páxina web: http://blogueiros.axena.org/wp-content/uploads/2008/12/eclipse.png; premio especial Ano Internacional da Astronomía 2009: "Secuencia do eclipse total de sol de 1 de agosto de 2008, desde Yiwu, China". Autor: Juan Antonio Bernedo Casis. Grazas.]
Á parte de interesarnos pola vida dos grandes astrónomos "antigos" (Filolao de Crotona, Aristarco de Samos, Claudio Ptolomeo) e "modernos" (Copérnico, Kepler, Galileo, Newton, Einstein); á parte de distinguir entre a teoría xeocéntrica e a definitiva teoría heliocéntrica; á parte da exposición da teoría do Big Bang; non estará de máis que lle botemos unha ollada ao Calendario Cósmico de Carl Sagan. Este mesmo gran astrónomo e divulgador científico tamén nos levará a distinguir entre astroloxía e astronomía ou nos resumirá e amenizará co seu relato sobre a orixe do Universo (I e II).
Desde Redes, outro gran comunicador da ciencia, Eduardo Punset nos desvela os enigmas que oculta o universo (I, II e III).
Tamén hai momentos para as curiosidades como o choque entre Andrómeda e a Vía Láctea; ou momentos para recreacións artísticas, musicais... "alucinantes" sobre o Big Bang (I, II e III) ou sobre os Buratos Negros (I e II); ou "a imaxe máis impactante tomada desde o Hubble".
Pero, sen dúbida, o astrónomo máis recoñecido e admirado na actualidade é Stephen Hawking, presisamente gañador o ano 2008 do I Premio Fonseca. Impórtanos del a súa vida e traballo diarios. El mesmo nos ofrecerá en The Origin of Universe interesantísimo repaso á cuestión acerca da orixe do Universo ao longo da Historia en cinco vídeos (I, II, III, IV e V). Tamén poderemos "flipar" con Hawking na gravidade-cero, ou cunha partida de póker con Newton e Einstein na famosa serie de ciencia-ficción, Star Trek.
Por último, non me puiden conter e pareceume pertinente introducir esta "representación" elaborada por estudantes ... con gracioso final.
De todos os xeitos, quizais unha das páxinas máis completas sobre astronomía -anque excesivamente cargada de "publicidade"- sexa http://www.astronomía.com/.
Que o vindeiro ano 2010 sexa propicio para todos, tamén para a astronomía. Saúde. Luís.


miércoles, 2 de diciembre de 2009

MULLER E CIENCIA

En lembranza do 25 de novembro, Día Contra a Violencia de Xénero, ou sexa, día contra a infamia, a ignominia, a barbarie; contra o odio ao feminino e contra o auto-odio masculino; e Día a Favor do mutuo coñecemento e recoñecemento, respecto e admiración. Grazas a todas as mulleres foi que os homes puidésemos sobrevivir.
Grazas a ti, muller, miña nai: alimento, acougo, acubillo, alento de esperanzas, sustento de ilusións. Para vós, mulleres, grandes "curandeiras da humanidade". Para todos nós, homes e mulleres, mulleres e homes, unha páxina web onde encontraremos un amplo blog-forum sobre "muller e ciencia"