jueves, 17 de diciembre de 2009

REMATANDO O ANO 2009, ADICADO Á ASTRONOMÍA...




[Foto tomada da páxina web: http://blogueiros.axena.org/wp-content/uploads/2008/12/eclipse.png; premio especial Ano Internacional da Astronomía 2009: "Secuencia do eclipse total de sol de 1 de agosto de 2008, desde Yiwu, China". Autor: Juan Antonio Bernedo Casis. Grazas.]
Á parte de interesarnos pola vida dos grandes astrónomos "antigos" (Filolao de Crotona, Aristarco de Samos, Claudio Ptolomeo) e "modernos" (Copérnico, Kepler, Galileo, Newton, Einstein); á parte de distinguir entre a teoría xeocéntrica e a definitiva teoría heliocéntrica; á parte da exposición da teoría do Big Bang; non estará de máis que lle botemos unha ollada ao Calendario Cósmico de Carl Sagan. Este mesmo gran astrónomo e divulgador científico tamén nos levará a distinguir entre astroloxía e astronomía ou nos resumirá e amenizará co seu relato sobre a orixe do Universo (I e II).
Desde Redes, outro gran comunicador da ciencia, Eduardo Punset nos desvela os enigmas que oculta o universo (I, II e III).
Tamén hai momentos para as curiosidades como o choque entre Andrómeda e a Vía Láctea; ou momentos para recreacións artísticas, musicais... "alucinantes" sobre o Big Bang (I, II e III) ou sobre os Buratos Negros (I e II); ou "a imaxe máis impactante tomada desde o Hubble".
Pero, sen dúbida, o astrónomo máis recoñecido e admirado na actualidade é Stephen Hawking, presisamente gañador o ano 2008 do I Premio Fonseca. Impórtanos del a súa vida e traballo diarios. El mesmo nos ofrecerá en The Origin of Universe interesantísimo repaso á cuestión acerca da orixe do Universo ao longo da Historia en cinco vídeos (I, II, III, IV e V). Tamén poderemos "flipar" con Hawking na gravidade-cero, ou cunha partida de póker con Newton e Einstein na famosa serie de ciencia-ficción, Star Trek.
Por último, non me puiden conter e pareceume pertinente introducir esta "representación" elaborada por estudantes ... con gracioso final.
De todos os xeitos, quizais unha das páxinas máis completas sobre astronomía -anque excesivamente cargada de "publicidade"- sexa http://www.astronomía.com/.
Que o vindeiro ano 2010 sexa propicio para todos, tamén para a astronomía. Saúde. Luís.


No hay comentarios:

Publicar un comentario