Mostrando entradas con la etiqueta saúde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saúde. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de julio de 2010

Tecnoloxía, deporte, saúde... e debate.

Este é só un exemplo da importancia (e do debate) que xera a introducción da técnica e da tecnoloxía en todos os ámbitos da actividade humana, mesmo no deporte.
Cuestionan os novos traxes de baño en competencias oficiais. O australiano Kieren Perkins, ex campión olímpico de 1.500 libre, teme que os novos bañadores que usan os autores da maioría das últimas marcas mundiais afecten á esencia do deporte e establezan diferenzas inxustas entre nadadores. Once marcas mundiais foron batidas desde que o mes pasado a marca "Speedo" lanzou as súas novas mallas "LZR Racer", a un prezo de 800 dólares australianos (470 euros). O bañador, dun material que repele a auga, foi aprobado pola FINA coa excepción de que estea dispoñible para todos os competidores que participarán nos Xogos Olímpicos de Pequín. Tamén debemos lembrar a importancia do desenvolvemento tecnolóxico no avance das persoas discapacitadas para lograr máis autonomía e mellorar as súas condicións físicas. Lembremos, se non, a Louise Sauvage. Australiana de nacemento, Louise comezou o seu dominio mundial xa en 1990, cando á idade de 16 anos conseguiu o ouro nos 100 metros no Campionato Mundial en Assen.  Con todo, o historial de Louise nos Xogos Paralímpicos fala por si só. Nos Xogos Paralímpicos de Barcelona en 1992 firmaba un hat-trick de medallas de ouro, obtendo a vitoria nos 100, 200 e 400 metros, así como a consecución da medalla de prata nos 800. En 1996, en Atlanta as cousas están mellor que nunca para Louise. A súa forza bruta e a férrea determinación guiárona cara ao ouro no evento de 800 metros de demostración nos Xogos Olímpicos de Atlanta. Despois de gañar un extraordinario número de premios incluíndo o de Muller do Ano en Australia en 1998 na categoría de deportes, a deportista australiana no ano 1999, e ser condecorada cunha Medalla de Orde de Australia, Louise Sauvage converteuse nun exemplo a seguir para os novos deportistas con algún tipo de discapacidade. Na actualidade combina o seu adestramento con actividades fóra do deporte.
Os xogos paralímpicos. As primeiras Olimpíadas para discapacitados celebráronse en 1960 en Roma. Participaron 400 atletas de 23 países. O seu antecedente fora en 1952, en Mandeville, Gran Bretaña, onde 130 atletas de dous países, ex-combatentes da Segunda Guerra Mundial, con danos na médula espinal, iniciaron estes enfrontamentos deportivos que exixen de esforzo e sacrificio para lograr a vitoria. En 1989 formouse o Comité Paralímpico Internacional e o seu logotipo é un emblema con tres cores: verde, vermello e azul, que simbolizan a mente, o corpo e o espírito.

As fontes de Ourense: xeotermia, arquitectura, historia e saúde.


Despois do noso periplo polas terras galegas e polo orbe enteiro, volvemos ao "local". Segundo o dito popular, “tres cousas hai en Ourense que non as hai en España, o Santo Cristo, a Ponte Romana, e as Burgas fervendo auga”. Centrémonos nesta última; pois son as esas fontes termais o principal motivo da existencia da cidade de Ourense. Declaradas 'Conxunto histórico artístico' no ano 1975, ao redor destes mananciais, foi crecendo a cidade na época de dominación romana. Deles brotan unhas augas silicatadas, fluoradas, litínicas e hipertermales a unha temperatura de entre 64 e 68 °C cun caudal de 300 litros por minuto. Estas augas son aplicables a diferentes tipos de dermopatías, especialmente prurixinosas.
As Burgas están constituidos por tres manantiais: A Burga de Arriba, a máis antiga, de estilo popular e pertencente ao século XVII, a Burga do Medio, pegada ao muro e de estilo moderno, e a Burga de Abaixo, de estilo neoclásico, con dous canos laterais e unha pila labrada no centro, con outro cano.
Xunto a este conxunto, tamén se encontra a réplica das catro aras romanas atopadas na cidade, a primeira delas creada en honra das Ninfas desas augas ofrendada por Calpurnia Abana Aeboso, que é o primeiro nome coñecido dun habitante da cidade de Ourense.
A orixe destes mananciais non está claro. Unha lenda di que nacen debaixo da capela do Santo Cristo, na Catedral, e outra di que son causadas por un volcán en repouso que está na base do Montealegre e que nalgún momento podería chegar a explotar. Tampouco está moi clara a súa etimoloxía: para algúns autores pode proceder do celta "beru" que quere dicir "quente", pero a opinión máis aceptada é a que indica a súa procedencia do latín "burca", que quere dicir "pila", en alusión aos baños utilizados polos romanos como balnearios.
Antigamente as aldeás usaban a fonte para escaldar os polos e quitarlle así as plumas de forma máis sinxela; pero, na actualidade é un dos atractivos turísticos máis destacados da "cidade termal". Ademais, situadas en pleno casco antigo, no contorno atópanse tamén o concello, a praza de abastos e a zona de tapeo, que fan delas lugar de "paso obrigado". Sen dúbida é o lugar emblemático de Ourense e o máis visitado polos turistas que veñen á nosa cidade.
Termalismo en Ourense. Un manancial considérase termal se a temperatura das súas augas é 4 grados superior á temperatura media ambiental atmosférica. A temperatura media de Ourense é de 14.5 graos centígrados; e a temperatura media dos seus manantiais encóntrase entre 31 e 73 graos. As fontes termais teñen importantes propiedades terapéuticas relacionadas co reuma, coas artrites, dermatites, afeccións respiratorias, bucodentais, dixestivas, renais, ou doenzas do sistema nervioso. O termalismo lúdico-preventivo constitúe unha forma sa e divertida para toda a familia para combinar lecer e saúde. En Ourense podemos disfrutar de catro balnearios.
As “Pozas da Chavasqueira” fornece caudal a tres piscinas externas en fervenza con temperaturas de 38 °C a 41 °C. Brota no interior dunha construción de granito. Coñecidas desde antigo, denominábanse «Caldas do Bispo». Existe tamén un recinto pechado, ao xeito dun antigo templo xaponés, realizado en madeira e cunha zona de xardín e pedra, inspirado na milenaria cultura Zen.
Do “Manancial do Tinteiro”, a 500 metros do anterior, manan as augas a unha temperatura de 43ºC. Especialmente indicado para enfermidades da pel e cicatrices, foi rehabilitado recentemente polo Concello.
A “Burga do Muíño” é unha gran piscina termal ao aire libre, situada xunto ao Muíño da Veiga, nunha gran área recreativa, na zona de Quintela de Canedo, a tres quilómetros do Tinteiro polo paseo peonil asfaltado na marxe dereita do río Miño.
As “Burgas de Outariz” manan a unha temperatura de 60 °C, en dous puntos diferentes. Nunha delas vese ata aparecer o manancial directamente da fisura da roca, o que a fai máis rechamante. Construíronse as termas ao aire libre e unha pasarela que comunica as dúas beiras. Consta de cinco círculos empedrados e mergullados, onde a temperatura de cada un deles varía desde a máis fría (36°C-38°C) á máis quente (60°C). Trátase de mergullarse e quedar sentado coas pernas estiradas, sendo o único que sobresaia a cabeza. Non se deben exceder os 15-20 minutos. Pódese chegar a elas mediante un tren turístico que percorre a capital.
Como non podía faltar ... As Burgas, en perigo. A principios de 2005, por mor dunhas escavacións non autorizadas asociadas á construción dun novo balneario, resultou perforado un dos pozos que alimentan as Burgas, perdéndose un 40% do manancial, e secando un dos canos principais das fontes polas que xorden as augas; polo que se paralizaron as obras. Os traballos de recuperación lograron que a cidade das Burgas siga sendo a segunda con maior caudal termal de Europa, despois de Budapest.
Os gráficos son de "La Voz de Galicia"; as fotocomposicións, de Luchi Girola.