jueves, 15 de julio de 2010

Tecnoloxía, deporte, saúde... e debate.

Este é só un exemplo da importancia (e do debate) que xera a introducción da técnica e da tecnoloxía en todos os ámbitos da actividade humana, mesmo no deporte.
Cuestionan os novos traxes de baño en competencias oficiais. O australiano Kieren Perkins, ex campión olímpico de 1.500 libre, teme que os novos bañadores que usan os autores da maioría das últimas marcas mundiais afecten á esencia do deporte e establezan diferenzas inxustas entre nadadores. Once marcas mundiais foron batidas desde que o mes pasado a marca "Speedo" lanzou as súas novas mallas "LZR Racer", a un prezo de 800 dólares australianos (470 euros). O bañador, dun material que repele a auga, foi aprobado pola FINA coa excepción de que estea dispoñible para todos os competidores que participarán nos Xogos Olímpicos de Pequín. Tamén debemos lembrar a importancia do desenvolvemento tecnolóxico no avance das persoas discapacitadas para lograr máis autonomía e mellorar as súas condicións físicas. Lembremos, se non, a Louise Sauvage. Australiana de nacemento, Louise comezou o seu dominio mundial xa en 1990, cando á idade de 16 anos conseguiu o ouro nos 100 metros no Campionato Mundial en Assen.  Con todo, o historial de Louise nos Xogos Paralímpicos fala por si só. Nos Xogos Paralímpicos de Barcelona en 1992 firmaba un hat-trick de medallas de ouro, obtendo a vitoria nos 100, 200 e 400 metros, así como a consecución da medalla de prata nos 800. En 1996, en Atlanta as cousas están mellor que nunca para Louise. A súa forza bruta e a férrea determinación guiárona cara ao ouro no evento de 800 metros de demostración nos Xogos Olímpicos de Atlanta. Despois de gañar un extraordinario número de premios incluíndo o de Muller do Ano en Australia en 1998 na categoría de deportes, a deportista australiana no ano 1999, e ser condecorada cunha Medalla de Orde de Australia, Louise Sauvage converteuse nun exemplo a seguir para os novos deportistas con algún tipo de discapacidade. Na actualidade combina o seu adestramento con actividades fóra do deporte.
Os xogos paralímpicos. As primeiras Olimpíadas para discapacitados celebráronse en 1960 en Roma. Participaron 400 atletas de 23 países. O seu antecedente fora en 1952, en Mandeville, Gran Bretaña, onde 130 atletas de dous países, ex-combatentes da Segunda Guerra Mundial, con danos na médula espinal, iniciaron estes enfrontamentos deportivos que exixen de esforzo e sacrificio para lograr a vitoria. En 1989 formouse o Comité Paralímpico Internacional e o seu logotipo é un emblema con tres cores: verde, vermello e azul, que simbolizan a mente, o corpo e o espírito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario