jueves, 15 de julio de 2010

PARQUES NATURAIS DE GALICIA.

Menos mal que non todo é "feísmo" en Galicia. Tamén podemos deleitarnos de Norte a Sur e de Leste a Oeste cos nosos marabillosos parques naturais. Para evitar que desapareza a "beleza natural" da nosa Terra debemos procurar gardalos, protexelos, acariñalos... e que tamén teñamos presente a beleza de moitas das nosas insignes e emblemáticas construccións. Hoxe imos cunha relación dos máis sobranceiros parque naturais de Galicia.
Parque Nacional das Illas Atlánticas. Formado polas illas que están nas rías de Vigo (illas Cíes), Pontevedra (Ons, A Toxa) e Arousa (Arousa, Cortegada e Sálvora) así como algunhas zonas costeiras limítrofes. Destaca a súa riqueza zoolóxica, pero especialmente a súa singularidade botánica (máis de 200 especies de algas; e a illa de Cortegada é o bosque de loureiro máis grande de España). Son tamén de gran relevancia as súas dunas; en especial o Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, declarado Zona Especial Importancia para as Aves e Humidal de Importancia Internacional. Ao longo de toda esa extensión atopamos restos prehistóricos: a necróple de Adro Vello, o dolme de Axeitos, o castro de Baroña, e o encravado no Parque Natural do Monte Aloia. Preto, o Monumento Natural da Desembocadura do Río Miño, cun espazo de especial de interese ornitolóxico: as Gándaras de Budiño, formadas polo río Louro presentan unha flora e fauna endémicas. Mestúranse serras escarpadas con outras de formas máis suaves, bosques caducifolios (carballos e bidueiros) alternan con outros de folla perenne (alcornoques ou madroños). O Parque Natural das Fragas de Eume, situado nas Rías Altas, é o parque co máis importante interese ecolóxico de Galicia, e nel están situados os mosteiros de Caaveiro e de Monfero. Tamén destacan os Monumentos Naturais de Folgoso de Courel e dos Ancares, que é o parque máis grande de Galicia e abarca parte das provincias de Lugo, Orense e do Bierzo leonés, no que sobresaen os bosques de carballos, faias, bidueiros, teixos e en especial os o parque de acivro, especie altamente protexida. Tamén é hábitat para o oso pardo e o urogallo. Na provincia de Ourense, destaca o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, que se completa co Parque Natural do Geres ao outro lado da “raia”, en Portugal. Une aos seus valores naturais outros de tipo arqueolóxico, os dólmenes ou “mámoas”. Cabe igualmente citar tamén na mesma cidade da Coruña o Parque Natural da Torre de Hércules ou os urbanos Parque Natural de Santa Margarita (no que está situada a Casa das Ciencias, o Museo Científico e un Hórreo Galego do século XVI), o Parque Natural San Pedro ou o Parque Natural Bens. Non podemos esquecer a riqueza paisaxística e biolóxica das outras rías: Muros-Noia, Ortigueira, Viveiro, Foz ou Ribadeo; preto dela, os cantís da praia das Catedrais, arbotantes góticos fronte ao mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario