sábado, 17 de julio de 2010

Xeólogos españois estudarán en Islandia o impacto ambiental das cinzas do Eyjafjalla

Un grupo de seis investigadores españois viaxaron o pasado 1 de maio a Islandia para estudar as características das cinzas do volcán Eyjafjalla e tratar así de comprobar o impacto ambiental que provocaron. O equipo (cinco xeólogos e un xeógrafo) permaneceron alí unha semana, ata o 8 de maio.Os investigadores pertencen ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a Universidade de Barcelona e a de Las Palmas de Gran Canaria. Entre as características que prevén analizar, está o tamaño do gran, a forma das partículas, aspectos geoquímicos e mecanismos de caída, segundo José Luis Fernández Turiel, do Instituto de Ciencia da Terra.Grazas a esta mostraxe, profundarase no coñecemento sobre o efecto destas nas vías respiratorias e sobre os sistemas acuáticos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario