jueves, 15 de julio de 2010

2010. Ano Internacional da Biodiversidade.

En honra ao seu traballo de incansable naturalista e magnífico divulgador, o III Premio Fonseca recae neste ano 2010 en Sir David Frederick Attenborough. Nado o 8 de maio de 1926 en Londres, pioneiro mundial nos documentais sobre natureza desde a BBC, é un dos científicos divulgadores naturalistas máis recoñecidos en todo o planeta. Defensor do medioambiente e agnóstico convencido, ten recibido ao longo da súa vida as máis altas e distinguidas condecoracións de honra científica e política. Fora xa galardoado o pasado ano 2009 co Premio Príncipe de Asturias.
Sen dúbida que estas son iniciativas absolutamente imprescindibles para non esquecer a dramática situación que viven moitas especies do noso planeta. Botemos unha rápida ollada...a algunhas especies animais en grave perigo de extinción porque son atrapadas para o consumo de carne ou para ser comercializadas ou ven como ano tras ano se reduce o seu hábitat...
Ñandú: Frecuenta pradarías, estepas, sabanas, palmares e bosques abertos. As causas da súa diminución son a súa matanza para extraerlle as plumas, ou para ou uso da súa carne e dous seus ovos no consumo humano.
Pato Crestudo: Vive en lagoas, esteros e ríos con vexetación arbórea marxinal. As causa principal da súa diminución é os seu consumo da súa carne.
Oso Formigueiro: Sabanas, montes abertos, selvas ou bosques e pasteiros, onde existen hormigueiros, termiteiros... As causas da súa diminución débense a que é capturado para levalo a zoolóxicos, circos ou para coleccionistas e que foi perseguido para consumir a súa carne e utilizar o seu coiro.
Tapir: Atópase nas selvas amazónicas. A principal causa da súa diminución é a destrución do seu ambiente. É cazado e enviado a zoolóxicos ou como "trofeos" e, ás veces, úsase a súa pel e a súa carne.
Cervo dos pantanos: Vive en lagoas, esteros, beiras de arroios e de ríos, rodeados de montes ou de selvas, ou en lagoas no interior de illas. É cazado pola carne e a pel. Tamén o cazan para empregalo como "trofeo".
Tamén hai árbores centenarias en perigo de extinción. Segundo recolliamos dos medios de comunicación, hai máis de 100.000 árbores centenarias no Reino Unido. O setenta por cento de todas as árbores máis vellas de Europa. Moitos deles están en serios problemas de extinción. O “Ancient Tree Hunt” é un proxecto de cinco cinco anos dirixido por Woodland Trust, que leva o rexistro de cada árbore vella do Reino Unido. Ata o momento rexistráronse 38.000 árbores centenarias, grazas ao labor dos ecoloxistas e á colaboración pública. Consideránse árbores moi vellas a todas aquelas que son verdadeiramente vellas dentro da especie á que pertencen. Deste xeito, un carballo que ten 600 anos clasifícase dentro dos máis antigos da súa especie, o mesmo que unha faia que teña máis de trescentos. Os bidueiros, que teñen unha media de vida máis curta, son considerados vellos aos dous séculos. Estas árbores son verdadeiros tesouros ecolóxicos xa que posúen historia e presenza. Son parte do patrimonio natural. Estas árbores cumpren funcións importantes na ecoloxía dos bosques porque provén hábitats especiais para plantas exóticas, para insectos, para aves e mamíferos. Tres cuartas partes das dezasete especies de morcegos no Reino Unido póusanse sobre eles. Algunhas especies de plantas só poden sobrevivir nas árbores máis vetustas e algúns raros líquens só poden crecer na súa cortiza. Pero, estas árbores atópanse en perigo de extinción e unha vez que desaparezan nada poderá facerse. Os agricultores aran demasiado preto deles ou utilizan fertilizantes e pesticidas que lles afectan, a defecación dos animais son veleno para eles, os camiños poden oprimir as súas raíces, e estas árbores importantísimas para o noso medio ambiente derrúbanse. Como non van a estar "estresadas" as nosas queridas árbores?
 Esta foi unha noticia que elaborou Nessy. Imaxe, de Dorri

No hay comentarios:

Publicar un comentario