Blog de Luís para "Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía" do IES Otero Pedrayo (Ourense) desde o curso 2009-2010.
Blogs e webs de "profes" do Otero Pedrayo.
Mostrando entradas con la etiqueta tecnoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tecnoloxía. Mostrar todas las entradas
jueves, 21 de enero de 2016
jueves, 15 de julio de 2010
Tecnoloxía, deporte, saúde... e debate.
Este é só un exemplo da importancia (e do debate) que xera a introducción da técnica e da tecnoloxía en todos os ámbitos da actividade humana, mesmo no deporte.
Cuestionan os novos traxes de baño en competencias oficiais. O australiano Kieren Perkins, ex campión olímpico de 1.500 libre, teme que os novos bañadores que usan os autores da maioría das últimas marcas mundiais afecten á esencia do deporte e establezan diferenzas inxustas entre nadadores. Once marcas mundiais foron batidas desde que o mes pasado a marca "Speedo" lanzou as súas novas mallas "LZR Racer", a un prezo de 800 dólares australianos (470 euros). O bañador, dun material que repele a auga, foi aprobado pola FINA coa excepción de que estea dispoñible para todos os competidores que participarán nos Xogos Olímpicos de Pequín.
Tamén debemos lembrar a importancia do desenvolvemento tecnolóxico no avance das persoas discapacitadas para lograr máis autonomía e mellorar as súas condicións físicas. Lembremos, se non, a Louise Sauvage. Australiana de nacemento, Louise comezou o seu dominio mundial xa en 1990, cando á idade de 16 anos conseguiu o ouro nos 100 metros no Campionato Mundial en Assen. Con todo, o historial de Louise nos Xogos Paralímpicos fala por si só. Nos Xogos Paralímpicos de Barcelona en 1992 firmaba un hat-trick de medallas de ouro, obtendo a vitoria nos 100, 200 e 400 metros, así como a consecución da medalla de prata nos 800. En 1996, en Atlanta as cousas están mellor que nunca para Louise. A súa forza bruta e a férrea determinación guiárona cara ao ouro no evento de 800 metros de demostración nos Xogos Olímpicos de Atlanta. Despois de gañar un extraordinario número de premios incluíndo o de Muller do Ano en Australia en 1998 na categoría de deportes, a deportista australiana no ano 1999, e ser condecorada cunha Medalla de Orde de Australia, Louise Sauvage converteuse nun exemplo a seguir para os novos deportistas con algún tipo de discapacidade. Na actualidade combina o seu adestramento con actividades fóra do deporte.
Os xogos paralímpicos. As primeiras Olimpíadas para discapacitados celebráronse en 1960 en Roma. Participaron 400 atletas de 23 países. O seu antecedente fora en 1952, en Mandeville, Gran Bretaña, onde 130 atletas de dous países, ex-combatentes da Segunda Guerra Mundial, con danos na médula espinal, iniciaron estes enfrontamentos deportivos que exixen de esforzo e sacrificio para lograr a vitoria. En 1989 formouse o Comité Paralímpico Internacional e o seu logotipo é un emblema con tres cores: verde, vermello e azul, que simbolizan a mente, o corpo e o espírito.
Tamén debemos lembrar a importancia do desenvolvemento tecnolóxico no avance das persoas discapacitadas para lograr máis autonomía e mellorar as súas condicións físicas. Lembremos, se non, a Louise Sauvage. Australiana de nacemento, Louise comezou o seu dominio mundial xa en 1990, cando á idade de 16 anos conseguiu o ouro nos 100 metros no Campionato Mundial en Assen. Con todo, o historial de Louise nos Xogos Paralímpicos fala por si só. Nos Xogos Paralímpicos de Barcelona en 1992 firmaba un hat-trick de medallas de ouro, obtendo a vitoria nos 100, 200 e 400 metros, así como a consecución da medalla de prata nos 800. En 1996, en Atlanta as cousas están mellor que nunca para Louise. A súa forza bruta e a férrea determinación guiárona cara ao ouro no evento de 800 metros de demostración nos Xogos Olímpicos de Atlanta. Despois de gañar un extraordinario número de premios incluíndo o de Muller do Ano en Australia en 1998 na categoría de deportes, a deportista australiana no ano 1999, e ser condecorada cunha Medalla de Orde de Australia, Louise Sauvage converteuse nun exemplo a seguir para os novos deportistas con algún tipo de discapacidade. Na actualidade combina o seu adestramento con actividades fóra do deporte.Os xogos paralímpicos. As primeiras Olimpíadas para discapacitados celebráronse en 1960 en Roma. Participaron 400 atletas de 23 países. O seu antecedente fora en 1952, en Mandeville, Gran Bretaña, onde 130 atletas de dous países, ex-combatentes da Segunda Guerra Mundial, con danos na médula espinal, iniciaron estes enfrontamentos deportivos que exixen de esforzo e sacrificio para lograr a vitoria. En 1989 formouse o Comité Paralímpico Internacional e o seu logotipo é un emblema con tres cores: verde, vermello e azul, que simbolizan a mente, o corpo e o espírito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)