jueves, 15 de julio de 2010

Tecnoloxía, deporte, saúde... e debate.

Este é só un exemplo da importancia (e do debate) que xera a introducción da técnica e da tecnoloxía en todos os ámbitos da actividade humana, mesmo no deporte.
Cuestionan os novos traxes de baño en competencias oficiais. O australiano Kieren Perkins, ex campión olímpico de 1.500 libre, teme que os novos bañadores que usan os autores da maioría das últimas marcas mundiais afecten á esencia do deporte e establezan diferenzas inxustas entre nadadores. Once marcas mundiais foron batidas desde que o mes pasado a marca "Speedo" lanzou as súas novas mallas "LZR Racer", a un prezo de 800 dólares australianos (470 euros). O bañador, dun material que repele a auga, foi aprobado pola FINA coa excepción de que estea dispoñible para todos os competidores que participarán nos Xogos Olímpicos de Pequín. Tamén debemos lembrar a importancia do desenvolvemento tecnolóxico no avance das persoas discapacitadas para lograr máis autonomía e mellorar as súas condicións físicas. Lembremos, se non, a Louise Sauvage. Australiana de nacemento, Louise comezou o seu dominio mundial xa en 1990, cando á idade de 16 anos conseguiu o ouro nos 100 metros no Campionato Mundial en Assen.  Con todo, o historial de Louise nos Xogos Paralímpicos fala por si só. Nos Xogos Paralímpicos de Barcelona en 1992 firmaba un hat-trick de medallas de ouro, obtendo a vitoria nos 100, 200 e 400 metros, así como a consecución da medalla de prata nos 800. En 1996, en Atlanta as cousas están mellor que nunca para Louise. A súa forza bruta e a férrea determinación guiárona cara ao ouro no evento de 800 metros de demostración nos Xogos Olímpicos de Atlanta. Despois de gañar un extraordinario número de premios incluíndo o de Muller do Ano en Australia en 1998 na categoría de deportes, a deportista australiana no ano 1999, e ser condecorada cunha Medalla de Orde de Australia, Louise Sauvage converteuse nun exemplo a seguir para os novos deportistas con algún tipo de discapacidade. Na actualidade combina o seu adestramento con actividades fóra do deporte.
Os xogos paralímpicos. As primeiras Olimpíadas para discapacitados celebráronse en 1960 en Roma. Participaron 400 atletas de 23 países. O seu antecedente fora en 1952, en Mandeville, Gran Bretaña, onde 130 atletas de dous países, ex-combatentes da Segunda Guerra Mundial, con danos na médula espinal, iniciaron estes enfrontamentos deportivos que exixen de esforzo e sacrificio para lograr a vitoria. En 1989 formouse o Comité Paralímpico Internacional e o seu logotipo é un emblema con tres cores: verde, vermello e azul, que simbolizan a mente, o corpo e o espírito.

As fontes de Ourense: xeotermia, arquitectura, historia e saúde.


Despois do noso periplo polas terras galegas e polo orbe enteiro, volvemos ao "local". Segundo o dito popular, “tres cousas hai en Ourense que non as hai en España, o Santo Cristo, a Ponte Romana, e as Burgas fervendo auga”. Centrémonos nesta última; pois son as esas fontes termais o principal motivo da existencia da cidade de Ourense. Declaradas 'Conxunto histórico artístico' no ano 1975, ao redor destes mananciais, foi crecendo a cidade na época de dominación romana. Deles brotan unhas augas silicatadas, fluoradas, litínicas e hipertermales a unha temperatura de entre 64 e 68 °C cun caudal de 300 litros por minuto. Estas augas son aplicables a diferentes tipos de dermopatías, especialmente prurixinosas.
As Burgas están constituidos por tres manantiais: A Burga de Arriba, a máis antiga, de estilo popular e pertencente ao século XVII, a Burga do Medio, pegada ao muro e de estilo moderno, e a Burga de Abaixo, de estilo neoclásico, con dous canos laterais e unha pila labrada no centro, con outro cano.
Xunto a este conxunto, tamén se encontra a réplica das catro aras romanas atopadas na cidade, a primeira delas creada en honra das Ninfas desas augas ofrendada por Calpurnia Abana Aeboso, que é o primeiro nome coñecido dun habitante da cidade de Ourense.
A orixe destes mananciais non está claro. Unha lenda di que nacen debaixo da capela do Santo Cristo, na Catedral, e outra di que son causadas por un volcán en repouso que está na base do Montealegre e que nalgún momento podería chegar a explotar. Tampouco está moi clara a súa etimoloxía: para algúns autores pode proceder do celta "beru" que quere dicir "quente", pero a opinión máis aceptada é a que indica a súa procedencia do latín "burca", que quere dicir "pila", en alusión aos baños utilizados polos romanos como balnearios.
Antigamente as aldeás usaban a fonte para escaldar os polos e quitarlle así as plumas de forma máis sinxela; pero, na actualidade é un dos atractivos turísticos máis destacados da "cidade termal". Ademais, situadas en pleno casco antigo, no contorno atópanse tamén o concello, a praza de abastos e a zona de tapeo, que fan delas lugar de "paso obrigado". Sen dúbida é o lugar emblemático de Ourense e o máis visitado polos turistas que veñen á nosa cidade.
Termalismo en Ourense. Un manancial considérase termal se a temperatura das súas augas é 4 grados superior á temperatura media ambiental atmosférica. A temperatura media de Ourense é de 14.5 graos centígrados; e a temperatura media dos seus manantiais encóntrase entre 31 e 73 graos. As fontes termais teñen importantes propiedades terapéuticas relacionadas co reuma, coas artrites, dermatites, afeccións respiratorias, bucodentais, dixestivas, renais, ou doenzas do sistema nervioso. O termalismo lúdico-preventivo constitúe unha forma sa e divertida para toda a familia para combinar lecer e saúde. En Ourense podemos disfrutar de catro balnearios.
As “Pozas da Chavasqueira” fornece caudal a tres piscinas externas en fervenza con temperaturas de 38 °C a 41 °C. Brota no interior dunha construción de granito. Coñecidas desde antigo, denominábanse «Caldas do Bispo». Existe tamén un recinto pechado, ao xeito dun antigo templo xaponés, realizado en madeira e cunha zona de xardín e pedra, inspirado na milenaria cultura Zen.
Do “Manancial do Tinteiro”, a 500 metros do anterior, manan as augas a unha temperatura de 43ºC. Especialmente indicado para enfermidades da pel e cicatrices, foi rehabilitado recentemente polo Concello.
A “Burga do Muíño” é unha gran piscina termal ao aire libre, situada xunto ao Muíño da Veiga, nunha gran área recreativa, na zona de Quintela de Canedo, a tres quilómetros do Tinteiro polo paseo peonil asfaltado na marxe dereita do río Miño.
As “Burgas de Outariz” manan a unha temperatura de 60 °C, en dous puntos diferentes. Nunha delas vese ata aparecer o manancial directamente da fisura da roca, o que a fai máis rechamante. Construíronse as termas ao aire libre e unha pasarela que comunica as dúas beiras. Consta de cinco círculos empedrados e mergullados, onde a temperatura de cada un deles varía desde a máis fría (36°C-38°C) á máis quente (60°C). Trátase de mergullarse e quedar sentado coas pernas estiradas, sendo o único que sobresaia a cabeza. Non se deben exceder os 15-20 minutos. Pódese chegar a elas mediante un tren turístico que percorre a capital.
Como non podía faltar ... As Burgas, en perigo. A principios de 2005, por mor dunhas escavacións non autorizadas asociadas á construción dun novo balneario, resultou perforado un dos pozos que alimentan as Burgas, perdéndose un 40% do manancial, e secando un dos canos principais das fontes polas que xorden as augas; polo que se paralizaron as obras. Os traballos de recuperación lograron que a cidade das Burgas siga sendo a segunda con maior caudal termal de Europa, despois de Budapest.
Os gráficos son de "La Voz de Galicia"; as fotocomposicións, de Luchi Girola.

2010. Ano Internacional da Biodiversidade.

En honra ao seu traballo de incansable naturalista e magnífico divulgador, o III Premio Fonseca recae neste ano 2010 en Sir David Frederick Attenborough. Nado o 8 de maio de 1926 en Londres, pioneiro mundial nos documentais sobre natureza desde a BBC, é un dos científicos divulgadores naturalistas máis recoñecidos en todo o planeta. Defensor do medioambiente e agnóstico convencido, ten recibido ao longo da súa vida as máis altas e distinguidas condecoracións de honra científica e política. Fora xa galardoado o pasado ano 2009 co Premio Príncipe de Asturias.
Sen dúbida que estas son iniciativas absolutamente imprescindibles para non esquecer a dramática situación que viven moitas especies do noso planeta. Botemos unha rápida ollada...a algunhas especies animais en grave perigo de extinción porque son atrapadas para o consumo de carne ou para ser comercializadas ou ven como ano tras ano se reduce o seu hábitat...
Ñandú: Frecuenta pradarías, estepas, sabanas, palmares e bosques abertos. As causas da súa diminución son a súa matanza para extraerlle as plumas, ou para ou uso da súa carne e dous seus ovos no consumo humano.
Pato Crestudo: Vive en lagoas, esteros e ríos con vexetación arbórea marxinal. As causa principal da súa diminución é os seu consumo da súa carne.
Oso Formigueiro: Sabanas, montes abertos, selvas ou bosques e pasteiros, onde existen hormigueiros, termiteiros... As causas da súa diminución débense a que é capturado para levalo a zoolóxicos, circos ou para coleccionistas e que foi perseguido para consumir a súa carne e utilizar o seu coiro.
Tapir: Atópase nas selvas amazónicas. A principal causa da súa diminución é a destrución do seu ambiente. É cazado e enviado a zoolóxicos ou como "trofeos" e, ás veces, úsase a súa pel e a súa carne.
Cervo dos pantanos: Vive en lagoas, esteros, beiras de arroios e de ríos, rodeados de montes ou de selvas, ou en lagoas no interior de illas. É cazado pola carne e a pel. Tamén o cazan para empregalo como "trofeo".
Tamén hai árbores centenarias en perigo de extinción. Segundo recolliamos dos medios de comunicación, hai máis de 100.000 árbores centenarias no Reino Unido. O setenta por cento de todas as árbores máis vellas de Europa. Moitos deles están en serios problemas de extinción. O “Ancient Tree Hunt” é un proxecto de cinco cinco anos dirixido por Woodland Trust, que leva o rexistro de cada árbore vella do Reino Unido. Ata o momento rexistráronse 38.000 árbores centenarias, grazas ao labor dos ecoloxistas e á colaboración pública. Consideránse árbores moi vellas a todas aquelas que son verdadeiramente vellas dentro da especie á que pertencen. Deste xeito, un carballo que ten 600 anos clasifícase dentro dos máis antigos da súa especie, o mesmo que unha faia que teña máis de trescentos. Os bidueiros, que teñen unha media de vida máis curta, son considerados vellos aos dous séculos. Estas árbores son verdadeiros tesouros ecolóxicos xa que posúen historia e presenza. Son parte do patrimonio natural. Estas árbores cumpren funcións importantes na ecoloxía dos bosques porque provén hábitats especiais para plantas exóticas, para insectos, para aves e mamíferos. Tres cuartas partes das dezasete especies de morcegos no Reino Unido póusanse sobre eles. Algunhas especies de plantas só poden sobrevivir nas árbores máis vetustas e algúns raros líquens só poden crecer na súa cortiza. Pero, estas árbores atópanse en perigo de extinción e unha vez que desaparezan nada poderá facerse. Os agricultores aran demasiado preto deles ou utilizan fertilizantes e pesticidas que lles afectan, a defecación dos animais son veleno para eles, os camiños poden oprimir as súas raíces, e estas árbores importantísimas para o noso medio ambiente derrúbanse. Como non van a estar "estresadas" as nosas queridas árbores?
 Esta foi unha noticia que elaborou Nessy. Imaxe, de Dorri

Os grandes parques naturais do mundo.


Ao longo de todo o planeta se extenden aínda espléndidos "parques naturais". Ás portas da Antártida, os elementos de Gaia maniféstanse en todo o seu esplendor. Algúns exemplos, bellamente ilustrados por Luchi Girola:
O glaciar Perito Moreno
 ,
ou as Torres do Paine.

A Amazonia, "o gran pulmón de Gaia".

Nesta entrada recollemos o atractivo texto de Merche Carballo e a composición fotográfica (sempre excelente) de Luchi Girola. Tanto no texto como na imaxe plásmase esa ledicia pola beleza e a mágoa do expolio da natureza e a desolación das comunidades que habitan esas zonas.
A selva amazónica é a máis extensa do mundo e considérase que a súa extensión chega aos 6.000.000 de km² repartidos entre oito países suramericanos: Brasil, Colombia e Perú, que posúen a maior extensión da Amazonia, seguidos por Bolivia, Ecuador, Guyana, Venezuela e a Guyana Francesa.
Descubrimento da riqueza natural da Amazonia. En 1542 o español Francisco de Orellana recorreu por primeira vez o Amazonas. Case un século despois, en 1638, o navegante portugués, Pedro Teixeira, converteuse na segunda persoa en recorrelo enteiro. A biodiversidade da selva amazónica é extraordinaria. É o fogar de máis de 2,5 millóns de especies de insectos, decenas de miles de plantas (contén até 75.000 tipos de árbores e unhas 150.000 especies de plantas), e unhas 2.000 especies de aves e mamíferos. Alberga unhas 90.000 toneladas de biomasa vexetal. Algúns expertos afirman que 1km² pode conter até 75.000 tipos distintos de árbores e unhas 150.000 especies de plantas. A flora e a fauna son tamén de incalculable valor. Alí coexisten innumerables especies de plantas, miles de especies de aves, incontables anfibios e millóns de insectos aínda sen clasificar, igual que réptiles, tartarugas, caimáns, serpes... Nas lagoas ao longo do Amazonas florece a planta Vitoria Rexia, unha especie de nenúfar cuxas follas circulares alcanzan máis dun metro de diámetro e en ocasións, até 5 m. Na Amazonia existen 4.000 especies de bolboretas, máis de 3.000 de peixes de auga doce, 1.700 de aves e o 20% das especies de primates do planeta. Mesmo nos últimos anos Marc van Roosmalen descubríu varias novas especies de monos. Ese primatólogo declaraba: “Non tiña nin idea do mal que coñecemos a Amazonia ata que comecei a atopar estas novas especies”. Esa inmensa riqueza e diversidade biolóxica (a maior do planeta) explícase porque foi un ecosistema que permaneceu inalterado durante millóns de anos.
Expolio, infamia e desolación. Á vista da exhuberancia da selva amazónica, creuse que os seus recursos serían inesgotables. Esa suposición foi o punto de partida dunha abusiva explotación de madeira, primeiro por parte da metrópole, Portugal, despois polas propias autoridades brasileiras e polas empresas multinacionais, atendendo mesmo á opinión dalgúns científicos do século XIX. Humboldt defendía que a Amazonia podía ser “o graneiro do mundo”. O presidente dos EE.UU. Roosevelt declarara tamén: “Non é permisible que unha terra tan rica e fértil quede inculta”.  A finais do século XX comezaron as denuncias contra esa barbarie, que pon en perigo o equilibrio da biosfera, como denuncia Lovelock. O seu título de "pulmón do Planeta" non é metafórico pois o bosque amazónico é a causa principal do equilibrio climático do "planeta azul".
A negra mancha do crú sobre a verde Amazonia. Hai algo máis dun ano, o 27 de febreiro de 2009, rompeu un oleoducto de Óleos Pesados en Ecuador. Naquela noite, derramáronse 14 mil barrís de petróleo e a Amazonia tinguiuse de negro. O verquido afectou especialmente á Reserva Ecolóxica Cayambe-Coca e ás poboacións de San Carlos e San Luís, perto do rio Quijos; tamén os poboadores do rio Mindo e do lago Agrio. O feito máis grave non foi catástrofe ecolóxica, senón a incompetencia política das autoridades e á actitude neglixente da empresa, Repsol-YPF, ao non atender as reiteradas reclamacións da poboación denunciando o mal estado no que se encontraba o oleoducto. Tampouco responderon coa debida prontitude cando se iniciou o derrame (non se pecharon as válvulas nin se tomaron medidas correctoras tras a catástrofe). O persoal que traballou no oleoducto xa denunciara deficiencias á hora da súa construción. Houbo fortes protestas, que foron moito máis fortemente reprimidas.

PARQUES NATURAIS DE GALICIA.

Menos mal que non todo é "feísmo" en Galicia. Tamén podemos deleitarnos de Norte a Sur e de Leste a Oeste cos nosos marabillosos parques naturais. Para evitar que desapareza a "beleza natural" da nosa Terra debemos procurar gardalos, protexelos, acariñalos... e que tamén teñamos presente a beleza de moitas das nosas insignes e emblemáticas construccións. Hoxe imos cunha relación dos máis sobranceiros parque naturais de Galicia.
Parque Nacional das Illas Atlánticas. Formado polas illas que están nas rías de Vigo (illas Cíes), Pontevedra (Ons, A Toxa) e Arousa (Arousa, Cortegada e Sálvora) así como algunhas zonas costeiras limítrofes. Destaca a súa riqueza zoolóxica, pero especialmente a súa singularidade botánica (máis de 200 especies de algas; e a illa de Cortegada é o bosque de loureiro máis grande de España). Son tamén de gran relevancia as súas dunas; en especial o Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, declarado Zona Especial Importancia para as Aves e Humidal de Importancia Internacional. Ao longo de toda esa extensión atopamos restos prehistóricos: a necróple de Adro Vello, o dolme de Axeitos, o castro de Baroña, e o encravado no Parque Natural do Monte Aloia. Preto, o Monumento Natural da Desembocadura do Río Miño, cun espazo de especial de interese ornitolóxico: as Gándaras de Budiño, formadas polo río Louro presentan unha flora e fauna endémicas. Mestúranse serras escarpadas con outras de formas máis suaves, bosques caducifolios (carballos e bidueiros) alternan con outros de folla perenne (alcornoques ou madroños). O Parque Natural das Fragas de Eume, situado nas Rías Altas, é o parque co máis importante interese ecolóxico de Galicia, e nel están situados os mosteiros de Caaveiro e de Monfero. Tamén destacan os Monumentos Naturais de Folgoso de Courel e dos Ancares, que é o parque máis grande de Galicia e abarca parte das provincias de Lugo, Orense e do Bierzo leonés, no que sobresaen os bosques de carballos, faias, bidueiros, teixos e en especial os o parque de acivro, especie altamente protexida. Tamén é hábitat para o oso pardo e o urogallo. Na provincia de Ourense, destaca o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, que se completa co Parque Natural do Geres ao outro lado da “raia”, en Portugal. Une aos seus valores naturais outros de tipo arqueolóxico, os dólmenes ou “mámoas”. Cabe igualmente citar tamén na mesma cidade da Coruña o Parque Natural da Torre de Hércules ou os urbanos Parque Natural de Santa Margarita (no que está situada a Casa das Ciencias, o Museo Científico e un Hórreo Galego do século XVI), o Parque Natural San Pedro ou o Parque Natural Bens. Non podemos esquecer a riqueza paisaxística e biolóxica das outras rías: Muros-Noia, Ortigueira, Viveiro, Foz ou Ribadeo; preto dela, os cantís da praia das Catedrais, arbotantes góticos fronte ao mar.

miércoles, 14 de julio de 2010

"Ao destruír a paisaxe destruímos tamén a identidade do país".

[Esta foto está no portal http://www.arqhys.com/, verdadeiro punto de arranque para coñecer moi diversos aspectos da arquitectura. Para a observación de múltiples exemplos de feísmo en Galicia, clica aquí: atoparedes un arsenal de fotos recollidas por persoas de distintos puntos de Galicia onde queda ben plasmado con claros exemplos casos de feísmo arquitectónico en Galicia].
O luns 26 de abril de 2010 en Faro de Vigo Xoán Álvarez entrevista a Gerardo Pereira Menaut, director do Observatorio Galego do Territorio: "O feísmo urbanístico explícase polo baixo nivel cultural e a pouca sensibilidade estética". Gerardo Pereira, licenciado en Filosofía e Letras por Valencia e doutoramento por Barcelona, é profesor de Historia Antiga na Universidade de Santiago. Aínda que a maioría dos seus artigos versan sobre a época romana, as súas achegas á reflexión sobre o territorio nótanse en obras como "A terra e os homes. Paisaxe política, paisaxe histórica"
-P: Que pasa coa paisaxe en Galicia? Por que hai tanto feísmo? Idiosincrasia galega?
- Na idiosincrasia non está. É unha cuestión de ambiente cultural. Iso que se di de que a xente non acaba as casas para non pagar impostos non é certo. É simplemente porque non lles molesta.
- P: Non é antropolóxico?
- Depende de que se entenda por antropolóxico. Non é nada xenético, en todo caso. É sobre todo histórico, dun baixo nivel cultural e, doutra banda, de pouca sensibilidade a certas dimensións estéticas. No entanto, esta paisaxe, esa permisividade, vai aparellado a certa tranquilidade que atrae á xente de fóra. O día en que os galegos convértanse en cidadáns suízos nese sentido se cadra Galicia xa non gusta tanto.
- P: Ese tipo de actitude, pódese combater con leis ou fai falta unha reeducación cultural?
- As dúas cousas, pero o do feísmo está mellorando. Cando lle dis a un paisano como ten iso así, non se ofende, senón que medio descúlpase.
- P: Con que argumentos se pode convencer aos galegos?
- Quizais con leis. O asunto é complicado. Por unha banda, temos ao paisano que pensa que no seu pode facer o que lle dea a gana e que, aínda que entende que unha rede de sumidoiros é un problema da comunidade, e non individual, aínda non entende que cando estraga a súa paisaxe estraga a paisaxe de todos. Doutra banda, está a omnipotencia dos políticos que decide “aquí tírase ou aquí se recalifica”. Noutros países hai instancias intermedias non políticas, filtros, que, aínda que non teñen poder executivo, si teñen un poder moral contra o que é difícil plantarse.No fondo, o noso grupo quere ser iso.
- P: A emigración a Europa puido influír á hora de que as casas sexan “eclécticas”?
- Pode ser. Adoitaba contar como un señor de Estados Unidos cáese dun avión en Cuntis. Nada lle permite identificar onde está. Ao final ve unha casa e di ?Suíza?. Con iso quero dicir que destruímos a identidade da paisaxe. E paisaxe vén de país. É grave. Habería que evitalo.
- P: Un director de cine queixábase de que nun plano amplo non podía evitar os postes ou os vertedoiros incontrolados... Iso non prexudica a Galicia?
- Si, pero segue sendo moi atractiva para os de fóra...
- P: Pola gastronomía...
- Non só iso. Hai algo no ambiente. Díxoo Amenábar tras rodar aquí. Falando cun inglés que vive en Rábade e que vende casas a ingleses, comentou que só puña a dúas familias inglesas por aldea porque descubrira algo en Galicia que non quería que se perdese. Non dixo qué. Quizais se trate dunha tolerancia tremenda, a hospitalidade...
- P: A dispersión leva cables e estradas. Ten solución este modelo?
- Hai hábitats dispersos noutras partes do mundo e non pasa nada. É unha forma de entender a paisaxe que xa é de estilo de vida, pero o modelo é hermosísimo, non quero que se acabe. A planificación debe ser flexible e non excesiva; hai que deixar que as forzas vivas da realidade maniféstense. No entanto, poderíanse encarar cuestións como o cableado ao aire.
- P: Un Nobel de Economía dicía que o futuro de Galicia pasaba polo turismo. Unha paisaxe destruída non prexudica ese propósito?
- A longo prazo, si. Por exemplo, vas a Carnota por Fisterra e en certo momento taparon a vista ao mar. Ou o de Muxía. Agora dise que a xente non quere tanto sol e praia, senón gastronomía e paisaxe, pero non se... Insisto: o que atrae á xente é outra cousa. En todo caso, en Galicia hai empresas. E iso non xera riqueza? Só vai ser o turismo? Temos Zeltia e Inditex e as universidades. O dano á paisaxe, repito, resultará prexudicial para o turismo, pero non creo que este sexa a clave básica para solucionar os problemas galegos.
- P: A reforma da Lei do Só permitirá legalizar un milleiro de polígonos industriais. Tómase pouco en serio a lei?
- Todo o mundo sabe que aquí se pode construír sen licenza. Por algo será. Porque se fai a vista gorda ou polo que sexa.
- P: Habería que sancionar máis?
- Creo que non. No Observatorio, cos avogados e o fiscal de Medio Ambiente, chegamos á conclusión de que hai que superar esa dicotomía entre administrado e Administración. Agora, o administrado quere enganar á Administración se ninguén llo impide ou un impídello e o outro lle deixa. O que hai que facer é buscar unha maior implicación da xente na planificación. Hai que practicar o intervencionismo, pero non exceso, porque sería inviable. Talvez debamos involucrar aos cidadáns na toma de decisións... Por exemplo, se a planificación do territorio empeza na propia concepción e elaboración dos plans xerais de ordenación urbanística, e non só nas alegacións...
-P: Construír en Rede Natura tamén provoca polémica. Como compatibilizar desenvolvemento económico e medio ambiente?
- Lograrémolo o día que nos deamos conta de que o medio ambiente é rendible. Un día venderannos ata o vento. Para min é moi importante a xestión dos montes, que debería dar moita riqueza e moito pracer e aquí o que dá é sobre todo incendios.
-P: Montes de eucaliptos... Un verde diferente ao orixinal...
- Bo, pero verde. O verde dos montes é o resultado da historia, e en certo momento plántanse eucaliptos. A paisaxe é un resultado histórico.
- P: Que salvaría de Galicia? Que é o sacro? A súa esencia?
- Fago moito esa pregunta e non acho dúas respostas iguais, porque che podería levar a aldeas fantasticamente fermosas, pero fantasticamente incómodas para os que viven alí. E non se pode pedir a esa xente que se manteña vivindo alí para que nós podamos facer unha foto. Habería que pensar en cal é a esencia e cal o criterio: gardar cousas pola súa antigüidade, pola súa estética... pero corres o risco de museizalas. Eu conservaría os lugares de sempre, pero vendo caso a caso porque moitos perderon a súa función. Conservar cousas afuncionales, non.