sábado, 5 de noviembre de 2011

Unha proposta de exame sobre o bloque I

CUESTIONARIO 1 SOBRE FILOSOFÍA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA.

APELIDOS……………………………………………NOME………….. 2º…. Data..........
1. Definición de “filosofía da ciencia”.
2. Presupostos filosóficos sobre os que se asenta o coñecemento científico.
3. Cita tres asuntos que trata de explicar a filosofía da ciencia.
4. Relaciona estes autores coas súas respectivas concepcións da ciencia:
ARISTÓTELES coñecemento claro e distinto
DESCARTES coñecemento que supera a instantia crucis
BACON coñecemento de causas
KANT coñecemento sintético a priori
COMTE coñecemento das aparencias
MACH coñecemento dos fenómenos observables
DUHEM descrición progresivamente máis fiel da natureza
4. Que criterio de comprobación científica considera adecuado o Círculo de Viena? En que consiste?
5. Que filósofo da ciencia cuestiona a lexitimidade dese criterio? Por que? Cal propón?
6. Completa:
a) Segundo______, nos cambios científicos non interveñen tan só argumentos_______________, senón tamén aspectos_________________.
b) Lakatos defende unha explicación denominada __________________________________________________.
7. Quen defende o anarquismo epistemológico? Cal é a súa idea fundamental?
8. Define:
a) Método:
b) Empírico:
c) Deducción:
d) Inducción:
e) Método hipotético-deductivo:
f) Paradigma:
8. Oposición entre realismo e instrumentalismo científico.
9. Que afirma o constructivismo social sobre a ciencia?
10. Que significa a teoría coherentista da verdade? Quen a defende?
11. Que é a "navalla de Occam"?

No hay comentarios:

Publicar un comentario