sábado, 5 de noviembre de 2011

BLOQUE II: A TÉCNICA

BLOQUE II: A ACCIÓN TÉCNICA
II.1. O TRABALLO.
II.1.1. DEFINICIÓN E PERSPECTIVA HISTÓRICA.
II.1.2. ALGUNHAS REFLEXIÓNS ACERCA DO TRABALLO.
II.2. A TÉCNICA.
II.2.1. DEFINICIÓNS.
II.2.2. A TÉCNICA, FACTOR DIFERENCIADOR DO SER HUMANO.
II.2.3. ETAPAS DO DESENVOLVEMENTO TÉCNICO.
II.2.4. CAUSAS DO CAMBIO TECNOLÓXICO.
II.2.5. PERSPECTIVA HISTÓRICA ACERCA DA IMPORTANCIA DA TÉCNICA.
II.2.6. CRISE DO MODELO TECNOCIENTÍFICO?
*********************
II.1. O TRABALLO.
II.1.1. DEFINICIÓN E PERSPECTIVA HISTÓRICA.
O traballo é unha actividade transformadora da realidade que ten carácter público e está dirixida á consecución dun fin. Pero este termo non foi empregado ata o século XVI (antigamente ó conxunto de actividades necesarias para poder vivir chamábaselle labor).
Nun principio o traballo non ten un carácter social. En Grecia e en Roma, esa actividade realizábase no ámbito doméstico. Os seres encargados da producción de bens materiais eran os escravos, os cales quedaban totalmente excluídos da vida pública, e gracias a eles os cidadáns podían dedicarse á vida da polis, ó cultivo da mente, ó ocio... Os amos tiñan propiedade sobre os escravos, sobre os medios de producción e sobre o producto; a cambio dábanlle ós escravos os medios de subsistencia. Como a satisfacción das necesidades era algo que os seres humanos compartían cos animais, ou sexa non era específico da especie humana, o traballo físico era considerado como unha actividade denigrante.
Na Idade Media continúa sendo algo negativo; pero a consecuencia da urbanización xorden os gremios e con eles o traballo manufacturado e unha mellor valoración do traballo. Esa tendencia agudízase trala Reforma luterana, que considera ó traballo como un modo de servir a Deus.
No século XVIII prodúcese o cambio definitivo na concepción do traballo, pasando a ser unha maneira de gañarse a vida, de ascender socialmente un xeito de integración social e tamén un dereito e un deber social.
Co desenvolvemento industrial do século XIX e a partir das ideais de liberación individual do século XVIII, a realidade social do traballo adquire novas dimensións. Xorden así distintas reflexións sobre ese fenómeno.
II.1.2. ALGUNHAS REFLEXIÓNS ACERCA DO TRABALLO.
A) Marx (1818-1883).
Os seres humanos chegan á plenitude da súa humanidade a través do traballo, ten este un carácter esencialmente social e histórico e serve para a transformación da realidade. Pero as condicións nas que se realiza o traballo marcan unha diferencia crucial. No capitalismo os traballadores manteñen unha relación de desigualdade co propietario dos medios de producción a quen eles venden o seu traballo. A forza de traballo pasa a ser unha mercadoría que se vende. O prezo da forza do traballo vai depender do tempo socialmente necesario para producir a mercadoría. O obreiro vende a súa forza de traballo e percibe por iso un salario. Cando o que produce excede o que lle pagan, xenera unha plusvalía, que pasa a mans do capitalista. Como os traballadores non posúen medios de producción propios, teñen que seguir baixo esa dominación e é así como xorde a súa alienación.
Así pois, no proceso de traballo da socieddade capitalista prodúcese a alienación económica, que comporta catro aspectos básicos: a) o propio producto do traballo, ou obxecto creado polo obreiro, convértese para el nun obxecto alleo porque é desposuído do mesmo ó pasar a ser propiedade do propietario dos medios de producción; b) o traballo convértese na sociedade burguesa en traballo forzado, en puro medio de subsistencia, que nega ó ser humano en vez de afirmalo, pois na sociedade capitalista -no canto de imprimir o traballador ó producto elaborado o seu propio carácter persoal, único e irrepetible- a personalidade do traballador non queda inscrita no producto, senón que, pola contra, o propio traballador é tratado como unha mercadoría máis que se vende no mercado; c) o traballador perde a súa condición esencial de productor universal, libre e consciente, pois a súa actividdae queda reducida á demanda da producción, sendo limitada e unilateral; e d) como consecuencia, as relacións humanas tamén quedan alienadas ó provocar esta sociedade burguesa que esas relacións humanas queden reducidas ás relacións mercantís, de competencia e de eficacia, facendo que cada persoa sexa estraña e inimiga dss demais.
Segundo Marx, a dialéctica histórica levará a unha contradicción (á crecente monopolización dos medios de producción fronte á crecente socialización das forzas productivas). Este proceso, rexido polas leis -necesarias- do desenvolvemento histórico dará como resultado a loita de clases e o advento daunha sociedade comunista na que se eliminaría o estado de alienación dos homes polos homes. É este o aspecto utópico do marxismo?
B) Durkheim (1858-1917).
Durkheim defendeu o carácter científico da socioloxía, o emprego do coñecemento científico na sociedade con vistas a unha melloría social. Na obra A división do traballo analiza as consecuencias sociais da modernización, o paso da sociedade primitiva a unha complexa, e o tipo de cooperación correspondente a cada unha delas.
A solidariedade mecánica é propia das sociedades primitivas e segmentarias, nelas tódolos individuos realizan as mesmas tarefas, cun grao mínimo de diferenciación, baseado na idade, no sexo ou na fortaleza física; practicamente non hai división do traballo, os individuos son relativamente intercambiables. Neste tipo de cooperación prima o colectivo fronte ó individual: todos dependen de todos e todos comparten unha conciencia colectiva, un sentimento de pertenza ó grupo, que é o garante da cohesión social.
A solidariedade orgánica é propia das sociedades complexas, tecnicamente avanzadas; caracterízase pola división do traballo e a especialización, nelas os individuos non son intercambiables, senón interdependentes: dependen uns dos outros para satisface-las súas necesidades básicas, necesitando cada vez máis bens e servicios realizados por outras persoas. Neste tipo de sociedade o colectivo é producto da diversidade dos individuos; non hai cohesión social baseada nun conxunto de valores, crenzas, sentimentos; non hai unha conciencia común; os seres humanos fanse máis independentes e con máis capacidade de iniciativa. As agrupacións que se dan nesta sociedade non dependen da familia, do lugar de nacemento (ou sexa do medio natural), senón que dependerán do traballo, do medio profesional.
Durkheim non ten unha visión negativa da división do traballo e da especialización, consecuencia do aumento de volume da sociedade; pero cre que cómpre garanti-la igualdade de oportunidades e buscar un medio de cohesión social que nos manteña unidos por riba dos intereses particulares.
C) Weber (1864-1920).
ax Weber, na súa obra A ética protestante, defende a tese de que o puritanismo protestante foi un factor moi importante na configuración da mentalidade capitalista e da conducta burguesa. Segundo el, o protestantismo, a pesar de ser unha relixión moi rigorosa, a nivel económico foi moi aperturista cos seus fieis, o que repercutiu positivamente na aparición e desenvolvemento do capitalismo. Para Weber, o capitalismo non tenun carácter negativo, valora del a disciplina e o amor ó traballo; o espírito do capitalismo combina a ganancia dos cartos dun modo legal, coa moderación nos gastos persoais, case todo o que gaña o capitalista invísteo de novo en aumenta-la producción, o que segundo Wber repercute positivamente no aumento de traballo e nos traballadores. A orixe do capitalismo hai que situalana ética calvinista, no concepto do traballo como vocación relixiosa. Calvino cría que para salvarse é preciso realizar unha intensa actividade e a mellor forma de facelo é a través do traballo, levando unha vida disciplinada e rigorosa, de tal xeito que, quen cumpre co traballo cumpre co seu deber a nivel relixioso.
Weber fai un alegato a favor da burocracia, cre que a organización ideal capaz de impor orde nun mundo caótico gracias á súa autoridade centralizada e ás súas estrictas normas. Weber oponse á concepción marxista de que é a economía a que cambia a sociedade, senón que tamén a vida social, os aspectos culturais, relixiosos e subxectivos teñen que contemplarse como unha forza na historia; di, contra Marx, que hai que relaciona-la actividade económica con outras esferas da vida social.
II.2. A TÉCNICA.
II.2.1. DEFINICIÓNS.
A palabra técnica vén do grego "techne", que significa arte, oficio, habilidade, saber. Designa o conxunto de coñecementos e destrezas, que se transmiten culturalmente, e que permiten a transformación do medio. Na Idade Media foi substituído o termo techné polo de ars (arte) e despois polo de ars mechanica. Ata a Ilustración a técnica era algo propio dos artesáns, estaba ligado ós gremios e ós traballos manuais; pero nesa época a técnica comeza a formar parte do conxunto do saber.
O termo tecnoloxía é moito máis novo, foi acuñado no século XVII, deriva da aparición da ciencia moderna e desenvólvese fundamentalmente a partir da Revolución Industrial. Representa o conxunto de actividades e coñecementos que, con función transformadora, están vencellados ó desenvolvemento científico.
Técnica e tecnoloxía teñen en común o seu carácter de realidade transformadora; a diferencia é que a tecnoloxía está vencellada á ciencia (de aí que tamén se denomine tecnociencia), e a técnica, non.
II.2.2. A TÉCNICA, FACTOR DIFERENCIADOR DO SER HUMANO.
Wallace, autor xunto con Darwin da teoría da selección natural, fai fincapé na importancia da cultura para o desenvolvemento da especie humana. Segundo el, os cambios culturais actúan máis como selección que os físicos. Neste nivel é onde temos que situa-la importancia da técnica.
A vantaxe dun simio bípede, desde o punto de vista da evolución, reside na posibilidade de utiliza-las mans para crear ferramentas, aas cales lle permiten cubrir certas necesidades e carencias. O emprego das ferramentas e a posición erguida desenvolvéronse conxuntamente: cantos máis distintos se ían facendo os pés e as mans, máis evolucionaban no campo da técnica, o que lle permitiu consumir alimentos moi nutritivos do solo ós que non tiñan acceso os cuadrúpedes. Os homínidos que fabricasen as mellores ferramentas terían unha dieta máis rica, serían máis fortes e sans e terían mellor descendencia. Os descubrimentos técnicos actuaron como factores seleccionadores, a habilidade para cubrir as carencias substitúe dalgún xeito á fortaleza.
Polo tanto a elaboración de ferramentas supuxo unha conquista sobre a natureza. Nun primeiro momento os homínidos utilizaban como instrumentos os obxectos tal e como se presentaban na natureza (pedras, paus, tripas de animais,...); peero cando máis adiante a vida social sedentaria trouxo novas necesidades que cubrir, xurdiron ferramentas máis complexas. Por iso podemos afirmar que a vida social axudou ó desenvolvemento técnico. De aí que sexa no Neolítico, momento de gran desenvolvemento social, a aparición da agricultura e as técnicas agrícolas, a domesticación dos animais e o pastoreo. O que resulta moi importante é que tódalas innovacións técnicas aparecen como perfeccionamento a partir de técnicas xa existentes. Isto lévanos a pensar que existía unha forma de cohesión social e de transmisión dos coñecementos adquiridos.
Nun primeiro momento utilízase como elemento básico de toda ferramenta a pedra (Paleolítico, Neolítico). Posteriormente e ata o século X, a utilización da pedra é substituída por metais (bronce, ferro, ouro), sendo tamén moi importante o uso da madeira, o material máis útil de todos os empregados polo ser humano para a fabricación.
Pouco a pouco, a técnica pasou de estar en mans de todos a ser controlada por uns poucos: os artesáns, que formaron os gremios e foron os encargados de perpetuar e perfeccionar os coñecementos e habilidades.
Pódese falar de técnica nos outros animais (como por exemplo, a fabricación de colmeas por parte das abellas, a utilización de paus por parte dos chimpancés para abrir os formigueiros) pero existen grandes diferencias entre unha e outra, a saber:
a) os animais utilizan as técnicas para adaptarse ó medio, mentres que os seres humanos adaptan ou cambian o medio en función das necesidades; o ser humano encóntranse na antureza dun modo pragmático, activo -como di Marx, o que diferencia o ser humano dos demais animais é a praxe productiva-;
b) a técnica dos animais responde a necesidades biolóxicas, nos humanose estas necesidades hai que sumarlle as culturais e os desexos;
c) os animais actúan por instinto e os humanos fanno de xeito intencional;
d) nos animais son innatas e nos seres humanos son aprendidas, transmítense de xeración en xeración;
e) os seres humanos utilizan outras ferramentas para facer outras ferramentas; os animais, non.
II.2.3. ETAPAS DO DESENVOLVEMENTO TÉCNICO.
A medida que se ína descubrindo novos materiais e novas fontes de enerxía dábase un cambio no medio ambiente e na forma de vida. Cada período de invención configura unha fase histórica, polo tanto un cambi na técnica provocaba un cambio na sociedade, e ó mesmo tempo, forma un complexo tecnolóxico (coñecementos, habelencias, ferramnetas, máquinas, etc. implicadas na nova técnica).
Mumford, na súa obra Técnica e civilización, chega a conclusión de que na historia da técnica hai que distinguir tres fases, caracterizada cada unha delas pola forma de enerxía e polo material utilizados con prioridade. Distínguense estas tres fases:
A) Fase eotécnica. (do 1000 ó 1750).
Este período estivo marcado pola utilización da auga e o vento como fontes de enerxía, o emprego da enerxía animal que substitúe ó escravo e o invento da imprenta da imprenta e do reloxo; sendo o material predominante a madeira. O seu momento culminante sitúase a finais do século XVII, coa aparición da ciencia experimental.
A madeira vai se-lo material máis empregado, sendo a base de tódolos edificios, as grúas, os tornos, as ferramentas, o calzado, as prensas para o viño e o aceite, as tuberías para leva-la auga, os barcos, tódalas partes do muíño tanto de vento como de auga, os carros para transporta-los minerias, etc. Con respecto á enerxía hidráulica, vanse utilizar muíños de auga, a súa aplicación vai ser múltiple, úsase para moer grao e para eleva-la auga, para serrar madeira, para facer funcionar as máquinas da ferrería, chegando mesmo no século XV a utilizalos para triturar mineral.
Tamén foi moi importante o aproveitamento da forza do vento. O muíño de vento estendeuse por toda Europa no século XII e os centros principais de utilización foron os Países Baixos. este invento permite que se orixine toda unha civilización ó redor dos pantanos: eses terreos, ameazados polas inundacións, convertéronse en ricos pastos, despois de seren desecados gracias á construcción de diques e muíños de vento, que drenaban auga das enchentes dos ríos e canais. Este era un sistema idóneo pois canto máis forte era a tormenta, máis forza tiña o muíño para drena-la auga; deste xeito -á parte a vantaxe que supoñía que o muíño, unha vez construído, non engadía ningún gasto á producción- chegábase a un equilibrio entre economía e industria.
Na Idade Media xorde un descubrimento moi importante: o vidro. Serviu para construír invernadoiros -aumentando e mellorando a producción agrícola-, para a construcción de ventás -aumentando a luz nas vivendas, o que contribuiu á regularidade da vida doméstica, favorecendo a hixiene nos fogares xa que eran visibles desde o exterior-, para a elaboración de lentes co conseguinte aumento dos anos de vista para ler, o que axudou á aparición do Renacemento. Outras novas aplicacións dese material cambiaron a concepción do mundo, abrindo os ollos a novas realidades: o microscopio (Jansen, 1590) e o telescopio (Lippersheim, 1605).
Os principais inventos deste período son o reloxo mecánico e a imprenta. O reloxo xorde no século XIII arredor dos mosteiros pola necesidade que tiñan alí de controla-la orde (hora de comida, do rezo, de toca-las campás,...). Pasou ás cidades cando resultou preciso ter uns hábitos regulares para estructura-las accións humanas (cerimonias civís, relixiosas, militares, transaccións comerciais, ...). A imprenta converteuse no novo medio de comunicación, o que permitiu maior rapidez na difusión, favorecéndose así a aprendizaxe.
A economía era fundamentalmente agraria, pero o desenvolvemento da industria provocará a aparición da formación de corporacións locais de artesáns (os gremios), os cales tamén perderán protagonismo económico e social coa aparición das fábricas, signo da verdadeira revolución industrial do século XVIII, motor dun novo modo de sistema productivo e social. A nivel político, a sociedade estructurábase nun rexime feudal, gobernada por monarquías absolutas.
B) Fase paleotécnica (1750-1900).
A nivel xeográfico, o centro principal foi Inglaterra; a fonte principal de enerxía, o carbón; e o material, o ferro.
As industrias téxtiles son substituídas polas industrias mineiras, e vaise dar un abandono case total da agricultura. A nova fonte de enerxía ten moitas vantaxes: pode ser almacenado e a súa explotación enriquece o propietario da mina en pouco tempo. En torno á mina van desenvolverse as industrias, as cidades e tamén os inventos da época. Da mina sae a máquina de vapor, a locomotora de vapor, a escaleira mecánica, o elevador, o ferrocaril,... Por outra banda a xornada laboral da mina, de 24 horas, fíxose extensible a outras industrias, gracias ó alumeado de gas podíase manter a luz e, dese modo, era posible explotar máis os mineiros, cheagndo estes a traballar 16 horas con unha hora de descanso para a comida, explotábase o traballador igual que a mina. A existencia de máquinas provocou que o traballo que antes realizaba un home puidesen facelo agora unha muller ou un neno, recibindo por iso un salario inferior; esta explotación comportou a aparición do sindicalismo e a loita de clases.
O material principal da época foi o ferro, a vantaxe fundamental deste metal é a resistencia, pero precisa de grandes temperaturas para ser moldeado, o que agora era posible gracias ó carbón. De ferro eran as camas, o lavabo, as locomotoras, os carrís, as pontes... Pero o ferro tiña un gran inconveniente: oxidábase con facilidade. Este problema rematou co descubrimento, e a posterior utilización, dunha aleación deste metal, o aceiro.
As fábricas, agrupadas nunha zona considerada industrial, consumían grandes cantidades de carbón, o que provocou un cambio no mideio; o ambiente tornouse escuro, o aire polucionouse, a auga dos ríos onde se vertían os resiíduos das fábricas contaminouse, o que provocou a morte masiva de peixes e que a auga non fose apta para a bebida, o sol quedou cuberto por unha capa de fume, todos estes factores provocaron un aumento de enfermidades.
A nivel político, o poder pasa de estar nas mans da aristocracia á burguesía, dando lugar á democracia parlamentaria.
C) Fase neotécnica (a partir de 1900).
As novas formas de enerxía son a lecetricidade, o petróleo, o gas; os novos materiais -creados polos avances químicos- son o cobre, o aluminio, o formigón, plásticos,...
Unha das características principais deste período foi a aplicación do método científico á técnica. Este feito vai eleva-la capacidade desta; teoría e práctica achéganse. Os descubrimentos xa non se realizan ó azar, nin proceden do enxeño do inventor, senón que vai ser un producto pensado con premeditación, de modo sistemático, e realizado polo enxeñeiro.
A captación de enerxía eléctrica, gracias á turbina hidráulica, cambiou a distribución da industria, desprazándose de zonas mineiras, onde estaban o carbón e o ferro, a zonas dotadas de enerxía hidráulica. Unha das vantaxes da electricidade é que resulta distribuísen por todo o país, favorecendo así un maior equilibrio no reparto xeográfico da riqueza. Outra fonte importante é o petróleo, tamén transportable a través de grandes oleoductos.
Con respecto ós materiais, buscáronse aqueles con maior conductibilidade, como son o cobre e o aluminio. Este permitiu que os medios de comunicación pesasen menos, aumentando dese xeito a velocidade. A mica, material indispensable na industria eléctrica, empregouse pola súa elasticidade e pola non conductibilidade do calor. Usouse o alcatrán para facer medicamentos, tintes; descúbrense productos sintéticos como o celuloide, a vulcanita, as resinas sintéticas, que substitúen ó papel, ó vidro e á madeira.
Este período está cheo de grandes inventos: o motor de explosión, que perfeccionou o automóbil -co conseguinte cambio na distribución xeográfica da poboación-, o teléfono, a televisión, a fotografía, os discos, as películas,... Estas novas circunstancias remataron co illamento entre as distintas culturas. Outras aportacións deste momento foron a curación e prevención de certas enfermidades (como o raquitismo e a tuberculose), a reducción da xornada laboral, a aparición dunha agricultura programada e sistemática (gracias ós avances da meteoroloxía, da edafoloxía, ou da enxeñería biolóxica), que aumentou as posibilidades de supervivencia.
A nivel político predominan as democracias. A sociedade de producción pasa a ser unha sociedade de consumo. Fálase da sociedade do benestar e xorden problemas ecolóxicos e éticos con respecto á degradación do medio natural.
II.2.4. CAUSAS DO CAMBIO TECNOLÓXICO.
Para explica-lo feito do cambio tecnolóxico téñense presentado diversas teorías. Uns autores (M. Bunge, B. Russell) consideran que dito cambio se debe a razóns extrínsecas á propia técnica (factores económicos, culturais, biolóxicos, epistemolóxicos,...); outros (Jacques Ellul) opinan que os motivos do avance tecnolóxico son intrínsecos á técnica, sendo esta unha realidade autónoma; outros (Lewis Mumford) adoptan unha postura intermedia: a técnica é un factor determinante para o seu desenvolvemento, pero tamén inciden outros factores: políticos, ideolóxicos, relixiosos,...
Con respecto á racionalidade do cambio tecnolóxico, podemos apuntar dúas teorías: a de Marx e a de Schumpeter.
Para Marx o cambio tecnolóxico -derivado do desenvolvemento das forzas productivas (conxunto de medios de producción, innovacións científicas, instrumentos de traballo e forzas de traballo) ocupa un papel predominante no cambio da Historia. É o seu motor. Os cambios nos medios de producción, determinados polas innovacións técnicas, configuran os acmbios na superestructura socio-política e ideolóxica.
A diferencia fundamental entre os seres humanos e os animais é a forma que temos de extraer os productos da natureza e os instrumentos que empregamos, ou sexa a praxe productiva, o que vai determinar o tipo de sociedade (determinismo económico e técnico).
Nas sociedades capitalistas o criterio que utilizan os empresarios para a innovación técnica é a maximización do beneficio ou a minimización do tempo de traballo. Nestes cambios tamén inflúe a presión da competencia. O cambio técnico supón en moitos casos un aforro de traballo, pero este non vai repercutir en beneficio para os traballadores, senón que vai servir como mecanismo de presión. O empresario utiliza a aparición de ovas tecnoloxías como arma na loita de clases, como un instrumento de poder e explotación fronte ós traballadores[1]. Cámbiase a maquinaria cando os salarios soben, provocando a baixada destes e o aumento dos beneficios industriais. As destrezas que anteriormente realizaban os traballadores son agora feitas polas máquinas, coa introducción destas as tarefas se subdividen, e con iso faise máis denigrante o papel do obreiro. O ser humano utiliza as ferramentas para realiza-lo seu traballo, pero nas produccións en cadea pasa de artesán a ser escravo da máquina, adaptándose ó ritmo, ó movemento, á intensidade desta e queda reducido a unha función degradante: mover un pé, darlle a unha panca,...
Para Schumpeter, os cambios que se dan na sociedade e no desenvolvemento económico son provocados polas innovacións tcnolóxicas, de aí que afirme que elas son o motor do cambio. Introduce a figura do empresario innovador, que é aquela persoa capaz de darse conta das cualidades obxectivas dunha innovación. Esta ten un carácter discontinuo, non se dan dunha forma ininterrompida e uniforme senón que están suxeitas a ciclos, a saltos como as mutacións. Schumpeter sitúa a causa da innovación no xurdimento de xenios capaces de modifica-la realidade; o factor determinante é o talento de certos individuos, ou sexa o poder innovador dos xenios. Neste senso pódese dicir que a historia da tecnoloxía queda reducida ó conxunto de innovacións levadas a cabo por seres excepcionais.
As grandes empresas, os monopolios e a competitividade mercantil favorecerán a aparición de cambios tecnolóxicos na medida na que invisten máis en investigación, permitindo un maior desenvolvemento e impedindo o estancamento.
II.2.5. PERSPECTIVA HISTÓRICA ACERCA DA IMPORTANCIA DA TÉCNICA.
A técnica está directamente relacionada coa historia do ser humano. En grande parte esta é a historia da técnica, anque a partir dos tempos modernos parece ter adquirido autonomía propia situándose ás veces en proveito do ser humano e ás veces enfrontándose a el.
A técnica tiña para o mundo antigo unha importancia relativa. O mundo antigo carecía de coñecementos de mecánica, polo que o ámbito da técnica quedaba relegado a certos aspectos no vivir cotián. Así considerábase técnica a construcción de edificios, a realización de obras públicas ou a confección de vestidos. Por tal motivo, foi definida polos filósofos gregos coma unha sorte de arte, é dicir, un modo definido de trata-la materia para conseguir uns resultados de cualidade superior: o quefacer artístico e o técnico confundíanse. Técnica e arte eran sinónimos: ambas eran vistas como habilidades mediante as cales se fai algo que transforma a realidade natural en realidade artificial. Anque tamén os filósofos gregos captaron unha diferencia: a técnica esixe o emprego de certas regras; mentres que a arte, non.
Na Idade Moderna, a partir do século XVI, dentro da técnica comezou a destaca-la mecánica. Esta caracterizouse como a aplicación da matemática na transformación da natureza en realidade artificial. Xurdiron así regras máis precisas que xeraron pouco a pouco realidades máis complexas ata chegar a realidades artificiais que partían doutras realidades artificiais (p.e. o telescopio).
Na Ilustración, século XVIII, os pensadores da época viron na técnica unha posibilidade de progreso social para o home. Para os ilustrados, podíase facilita-la producción de recursos mediante a técnica. Entendían a técnica coma un saber menor, que baixo a dirección do saber racional permitiría a transformación da natureza en proveito do Home[2]. Os ilustrados crían na bondade intrínseca da propia ciencia; crían que a técnica, guiada pola razón, por forza tería que ser boa para o Home.
A partir do século XIX, a técnica, alicada ó campo, fixo que neste fixese falta unha menor cantidade de man de obra. A poboación rural emigrou ás cidades na procura de traballo nas nacentes fábricas que se baseaban na técnica, pero o exceso de man de obra trouxo como resultado que esta perdese valor. Ó sobraren traballadores para a industria, que por el mesmo promovido cada vez precisaba menor cantidade, estes eran miseramente pagados, vivindo en condicións case infrahumanas e no límite da supervivencia: naceu así o proletariado.
A técnica tivo nese proceso un papel protagonista e contradictorio. No canto de traer bens materiais ó home, trouxo explotación e miseria: unha conquista que debía estar ó servicio do home converteuse no seu verdugo. O poder socio-económico da época fixo dela un instrumento máis para o seu lucro ó tempo que para o asoballamento das clases menos poderosas ou dos pobos menos desenvolvidos. Así, o progreso técnico non foi para os homes dese século un instrumento para o seu desenvolvemento senón un pesado xugo que os oprimía.
Por ese motivo, comeza a agroma-la conciencia de que a técnica pode converter ó home no seu escravo e nace así a idea da técnica non xa coma un mero saber de entre os saberes humanos senón coma algo a manexar con precaución co fin de conseguir beneficios para os seres humanos. Desa situación paradóxica, nacen os socialismos e o marxismo[3].
Como consecuencia, o home das sociedades modernas non ten máis remedio que meditar sobre a finalidade e a función que debe cumpri-la técnica. Ó vivir nunha sociedade tecnolóxica (é dicir, construída de odo que cada cousa depende dunha función técnica que á súa vez depende doutra función técnica que a súa vez depende doutra... etc), estamos embarcados nunha nave baseada na técnica; pero levanos esa nave ó benestar ou ó naufraxio?
Por unha banda, o grao de benestar que trae a técnica fai dela un valor positivo. Xera a multiplicación de recursos, dótanos de considerables aparellos que nos fan a vida máis cómoda, practicamente garante a supervivencia.
Aparentemente a técnica lévanos ó benestar, pero algúns filósofos descubren que baixo esa aparencia latexa outra realidade. Consecuencia da técnica tamén son as bombas atómicas (que son a primeira posibilidade de desaparición do xénero humano) e o deterioro ecolóxico do planeta Terra.
A conclusión da meditación sobre a técnica no presente século é que a técnica debe ser controlada por coñecementos superiores (a razón moral) tanto nos seus fins coma no seu desenvolvemento. É esta unha conclusión de orde moi xeral que non sabe aínda como resolve-las contradiccións como o que provoca o presente estado de cousas: o mesmo desenvolvemento tecnolóxico que xera o estado do benestar destrúe, ó tempo, o planeta; sen unha tecnolóxica explotación dos recursos da Terra non é posible que tantos miles de millóns de persoas vivan nesta planeta, pero, ó mesmo tempo esta tecnolóxica explotación vai ferindo o planeta quizais ata a súa morte.
Por outra banda, Heidegger ou Levinas tamén destacan outra contradicción. A técnica non deixa de ser unmodo de coñecemento que ten coma fin transforma-la realidade física en realidade artificial en proveito do home; ora ben, mediante a técnica o home foi completando esta realidade artificial ata agachar baixo ela a realidade natural, a natureza exenta de toda modificación por parte do home. Ese agachamento afasta ó home da súa auténtica realidade natural instalándoo na mentira dun presunto hábitat, o medio artificial, que non constitúa hábitat no que realmente o home poida sobrevivir.
II.2.6.CRISE DO MODELO TECNOCIENTÍFICO?
Grecia transmitiu a Europa o ideal dunha humanidade rexida pola razón, preocupada, sobre todo, por admirar, coñecer e gozar da natureza, sen a pretensión de sometela. Os filósofos tiñan unha idea reverencial da natureza, que era para eles unha realidade admirable e insuperable polo ser humano. Para eles a técnica non era máis ca unha imitación da natureza concibida como un grande organismo vivente no que cada parte desempeña a función que lle corresponde.
A Ciencia Moderna substituíu a razón grega por unha "razón instrumental", centrada na idea de poder e de dominio, baseada no cálculo, no economicismo e na funcionalidade e modificou o antigo proxecto grego da ciencia contemplativa ó orientarse cara á pura obxectividade física co conseguinte esquecemento do mundo da vida real. O obxectivo primordial da ciencia non é contemplar ou coñecer, senón predicir para dominar. Concibe a natureza como unha máquina que ten valor en tanto en canto é útil para o ser humano. A idea de dominala aparece por primeira vez con forza na filosofía de Francis Bacon. Para el, o coñecemento é poder e a ciencia é dominio. A súa filosofía abre a porta a unha concepción antropocéntrica da natureza, segundo a cal o natural é a loita por uns recursos limitados e a explotación pola forza dos recursos naturais.
Actualmente estase a producir unha conciencia de crise da concepción moderna da ciencia, e da natureza como despensa da humanidade, porque o modelo do desenvolvemento económico sen límites baseado na tecnociencia xa comeza a non resultar viable. Temos que prestar atención non só á producción física, senón tamén á producción de condicións de vida cualitativamente positivas. Se analizamos certos acontecementos dos últimos anos (Chernóbil, encallamento de barcos e verquidos de petróleo en varias zonas do planeta, o mal das vacas tolas, etc.) podemos chegar á conclusión de que está en perigo a supervivencia da propia especie humana.
Un dos filósofos actuais que mellor ten anlizado o problema da ciencia e da tecnociencia é Jürgen Habermas. Este pensador alemán, pertencente á Escola de Frankfurt, considera que a ciencia e a tecnociencia non son neutrais senón que son interesadas, pois unha das súas acracterísticas principais é o interese por dominar; polo tanto non podemos chegar a unha técnica que sexa liberadora e non opresora (como sostiña Herbert Marcuse). O que se fai necesario é pois chegar a un acordo, que permita combina-la necesidade que témo-los seres humanosde emancipación coa ansia de dominio da ciencia e da técnica; para o cal a estas terían que estar deseñadas dun xeito diferente, por exemplo tendo en conta os danos ecolóxicos e tratando de evitalos, ou sexa limitando o seu campo de acción, pero sen rematar co progreso.
O problema ten que ver coa separación do ámbito do coñecemento científico-técnico do da moral; parece que o coñecemnto científico por ser obxectivo é incuestionable, mentres que o da moral, por ser subxectivo, pódese cuestionar, o que marca unha separación entre eles.
Para Habermas estes dous campos non se poden separar por estaren interrelacionados, simplemente derivan de dous tipos de accións: accións racionais-teleolóxicas e accións comunicativas.
As primeiras (a técnica e o traballo) son accións orientadas á consecución de fins (elíxense os medios para acadar o fin e calcúlanse as consecuencias); teñen coma obxectivo resolve-los problemas que suscita a conservación das sociedade, ou sexa aplícase o coñecemento científico para controla-lo medio natural e social.
As segundas están orientadas á comunicación e ó acordo, nelas os suxeitos tratan de coodina-los seus intereses persoais cos do grupo para chegar a un consenso alcanzado argumentativamente. Tratan de conciliae os intreereses de todos partindo de dous principios: a liberdade e a igualdade. É o mundo das normas, dos valores, das institucións, ...
Habermas cre que hai que salvagardar a harmonía entre os dous usos da razón: o tencocientífico e o moral, pero a miúdo o mundo das accións comunicativas é engulido polo das accións racionais-teleolóxicas, o mundo da vida é absorbido polo da racionalidade instrumental. Habermas cre que a lexitimidade dunha decisión ten que ser froito dun acordo entre os implicados e que contemple tamén os intereses particulares.
APÉNDICE. Evolución y desarrollo de la técnica y de la tecnología.
En la actualidad la modelación técnica de la naturaleza nos es tan cercana y familiar (en el mundo urbano, nuestro entorno es abrumadoramente artificial) y los aparatos tecnológicos nos resultan de tan fácil y cómodo manejo que se nos hace difícil valorar en su justa medida el ingente y espectacular progreso realizado por la especie humana en unos pocos miles de años. Nos resulta difícil reconocer como propios esos primeros comienzos del avance tecnológico. Recorramos brevemente esa historia de interconexión entre teoría, praxis técnica, y organización económica, política y social.
A. En la prehistoria. En el pulido y corte de guijarros de los australopitecos del paleolítico debemos situar los primeros pasos del avance tecnológico. Hachas de mano, buriles, raederas, perforadores, azagayas, puntas de flecha, arpones,... Tanto los instrumentos de caza como aquellos que buscaban su ornamentación o los que cumplían una función doméstica representan los primeros elementos que comienzan a distinguir a la especie humana de la demás. El dominio del fuego significará una nueva oleada de experiencias, descubrimientos e invenciones. Seguridad, abrigo, elaboración de alimentos,...cerámica y forja de metales.
Las actividades agrícolas y ganaderas, incipientes en el neolítico dan lugar a la vida sedentaria, a nuevas actividades laborales (cerámicas), a una nueva forma de organización social del trabajo (agricultores / ceramistas frente a la división sexual del trabajo en el paleolítico: cazadores / recolectoras y cuidadoras de la prole), a una nueva mentalidad acerca del trabajo (se reconoce a la naturaleza no como realidad donadora de frutos, sino como realidad de la que se obtienen esos frutos), a una nueva mentalidad acerca del futuro (relativa seguridad frente a la incertidumbre de la caza y recolección del paleolítico), a una nueva organización del espacio humano (se forman las primeras ciudades) y de las relaciones políticas (se forman los primeros imperios),...
B. En la Antigüedad. La cultura griega es considerada como el arranque de la actual civilización occidental desde el punto de vista teórico o científico. Sin duda que ya antes del apogeo de la civilización griega existían conocimientos matemáticos (especialmente entre los egipcios), saberes astronómicos (elaborados por la paciente observación de los sabios mesopotámicos); y ya se había descubierto la escritura alfabética cuneiforme* por los fenicios. Pero el pensamiento griego ofrece a esos conocimientos una formalización y una abstracción no conocida hasta entonces. Los conocimientos - antes dispersos y con una finalidad de reducida y concreta inmediatez- se agrupan, se racionalizan, se jerarquizan, se esquematizan. Se crea ciencia, esto es, saber teórico. Se avanza en física, en astronomía, en biología, en mecánica, en neumática, en medicina, en psicología, en sociología, en ética, en derecho,... Se crea la filosofía, la especulación puramente teórica acerca de lo humano y acerca de lo divino.
Esta eclosión del pensamiento especulativo y racional no impide - sino que estimula- el desarrollo técnico de los griegos. No se podrían entender las precisas realizaciones artísticas de los griegos si no hubiese detrás el necesario utillaje técnico. Así, el torno, el tornillo (probablemente desarrollado por Arquímedes) y otras herramientas e instrumentos para la arquitectura y escultura fueron ideados por los griegos. Pero además introducen evidentes mejoras en algunos rudimentarios elementos técnicos ya existentes, como en el caso del molino de agua, ya existente en la sociedad hindú.
Por otra parte surge una nueva concepción del hombre en relación con el trabajo y la sociedad. En el mundo griego, la conformación política de la polis-Estado y la consiguiente existencia de hombres libres (ya no súbditos de un jerarca absoluto como en las sociedades precedentes) favorece la preocupación por la mejora de las condiciones de la vida doméstica y, por ello, se desarrolla toda una serie de objetos de mobiliario inexistentes anteriormente: sillas, camas, utensilios de cocina,...
Este desarrollo técnico enfocado hacia la comodidad de los individuos (igual que el desarrollo del pensamiento teórico y científico) fue fruto de la despreocupación con respecto a las tareas agrícolas, las cuales eran llevadas a cabo por las legiones de esclavos, prisioneros de guerra.
Esta situación también es común en la sociedad romana; pero además la expansión política y militar de la Urbs dio lugar a otro tipo de desarrollo técnico: redes de calzadas que hacían posible una más rápida comunicación con los puntos más recónditos del Imperio; la mejora de los sistemas de transporte y distribución de agua dieron lugar a espectaculares avances técnicos en cuanto a las obras públicas (puentes, acueductos,...).
C. En la Edad Media. El régimen feudal de la sociedad medieval dio lugar a dos estamentos sociales claramente diferenciados; por un lado, la nobleza y el clero, propietarios de las tierras; y por el otro, los campesinos, los arrendatarios de las tierras, los siervos o los esclavos, de cuyo trabajo salía la producción para ellos mismos y para los miembros del otro estamento. La escasa productividad del trabajo agrícola y la escasez demográfica provocaron el interés por introducir innovaciones técnicas por parte de la nobleza y del clero, preocupados por mantener una vida cómoda y por construir las enormes catedrales ad maiorem gloriam Dei. Junto a esta situación, el contacto con otras civilizaciones (China e India) más avanzadas técnicamente que el Occidente europeo, provocará que sea precisamente en la Edad Media cuando se introduzcan una serie de importantes mejoras técnicas en el ámbito de la agricultura.
Ese apogeo técnico no significa que no existiese preocupación teórica y científica: A pesar de que el interés teórico se centró en gran medida en asuntos relacionados con las creencias religiosas, el clero medieval también se encargó de recopilar y traducir el saber del Islam y a través de éste, de los griegos. Además la introducción de la numeración arábiga y del numero "cero" (aportado por los hindúes) supuso un avance decisivo en las ciencias matemáticas y en su aplicación a la vida económica cotidiana: se extiende el pago de diezmos y tributos con dinero y los intercambios comerciales (préstamos a interés, tráfico monetario, usura,...), con lo cual se hacen precisas las "técnicas" comerciales, mercantiles y bancarias. Apunta el capitalismo.
D. En el Renacimiento. El aumento de las necesidades monetarias del clero y de la nobleza implica un crecimiento en progresión geométrica del tráfico comercial y de la cantidad de dinero acuñada, apareciendo los certificados de depósito, las letras de cambio,...Por otro lado, la continua introducción de innovaciones técnicas en las "factorías rurales" como en las "industrias artesanales urbanas" conlleva un efecto multiplicador de la producción y del consumo. Al mismo tiempo, supone la posibilidad de liberarse del feudo por parte del campesinado. Comienzan los movimientos migratorios modernos (del campo a la ciudad; y posteriormente desde Europa a otros puntos del planeta) y la constitución definitiva de ciudades.
El capitalismo comienza a asentarse y a expandirse. Es la época de la exploración del planeta en busca de nuevos recursos (especialmente, de oro) y, por lo tanto, es la época de los viajes, de los "descubrimientos" - entre ellos, el de América- aparejos y disposición de tiro, construcción de nuevas carreteras) como marítimos (diseño y construcción de carabelas, con mejoras en el casco y en las velas, incorporación del timón de codaste, empleo de mejores mapas y de instrumental de posición: brújula,...).
Por otra parte, debemos mencionar dos aspectos más: reconocer la deuda con China por los conocimientos técnicos importados por Europa; y recordar la revalorización del ser humano formulada por una nueva concepción humanista de la época, de la que son Erasmo de Rotterdam y Leonardo da Vinci, dos de sus máximos exponentes.
E. En la época moderna. Ésta viene marcada por la revolución científica de los siglos XVI y XVII. Se rompe con los moldes del pensamiento precedente y se instaura un nuevo paradigma científico. Éste se asienta no sólo en una nueva metodología (experimental e hipotética-deductiva frente al deductivismo silogístico) en la institucionalización del método científico como criterio de validación de cualquier conocimiento, en la apuesta por un saber con finalidad práctica y en la búsqueda de la precisión matemática para definir la realidad como un mecanismo automático, cuyas leyes puedan ser conocidas por diferentes aparatos. Termómetros (de agua, de alcohol, de aire), microscopios, telescopios, barómetros, péndulos, ... (instrumental de medición exacta de los diversos aspectos de la realidad) éstos son los grandes inventos de la época. Estos cambios producirán un gran impacto en la mentalidad de las gentes de la época. Se abren dos campos "infinitos" ante sus ojos: lo inmensamente grande y lo inmensamente pequeño.
F. En la época contemporánea. Heredera de esa Revolución Científica fue la ola de grandes inventos de la Revolución Industrial. La máquina de vapor (1765) de Watt se introducirá en la industria textil, en el transporte terrestre y marítimo, en los hornos de fundición de hierro,..(ð17) Pero además los estudios sobre electricidad y electromagnetismo, los avances en química, en física, en biología, en psicología, en sociología, ... modificarán la faz del Tierra (ð 18).
Pero, al mismo tiempo debemos apuntar que quizás lo más curioso de la nueva situación, flagrantemente clara a partir del siglo XX, radica no sólo en la interdependencia entre ciencia y técnica, sino también y sobre todo en la dependencia financiera cada vez mayor que la investigación científica y tecnológica padece respecto a la gran industria, a las grandes empresas y al Estado.
[1]Como di Marx na obra Miseria da filosofía: "En Ingalaterra, as folgas deron lugar case sempre á invención e aplicación de novas máquinas. As máquinas eran, en realidade, a arma que empregaban os capitalistas para vencer o traballo especializado en loita. A Selfactina automática, a invención máis extraordinaria da industria moderna, puxo fóra de combate os fiandeiros sublevados".
[2]Esas crenzas derivaron nunha doctrina chamada "maquinismo", que tiña como tese esencial a crenza de que as máquinas liberarían os seres humanos da escravitude do traballo e da pobreza permitindo que as xentes, abastecidas a súas necesidades básicas, non tivesen necesidade de practicar actos moralmente negativos (roubos, usura,...).
[3]O pensamento socialista cría basicamente que a técnica -como base das máquinas, dos procesos productivos industriais e como eixo do comercio- non era mala en si; o malo era o sistema socio-político que a dirixía. Para o marxismo a técnica presentaba unha doble cara: era positiva pois servía para a loita que os seres humanos teñen establecida coa natureza a fin de potencia-la mellora das condicións de vida para o xénero humano; pero presentaba tamén un cariz negativo porque axudaba ó poder establecido a manter na opresión e na miseria as clases sociais máis baixas, á maioría da xente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario