lunes, 5 de abril de 2010

V Edición do Programa Conciencia da USC.

Xa están subidos na páxina web do programa ConCiencia (http://www.usc.es/conciencia), os primeiros Nobeles que virán este ano 2010 a visitar Galicia: Albert Fert (premio Nobel de Física 2007; o xoves 29 de abril), Sir Harold W. Kroto (premio Nobel de Química 1996; o xoves 27 de maio) e Sir Richard J. Roberts (Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 1993; data aínda por determinar) . As conferencias terán lugar no Centro Sociocultural Caixa Galicia na Carreira do Conde, 16; en Santiago de Compostela.
Con estas invitacións, o programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago, segue a consolidar o seu prestixio e a súa condición de referente na proxección pública da ciencia, circunstancia sinalada por varios participantes de edicións anteriores. Os obxectivos desta iniciativa son entre outros:
1. A divulgación científica a cargo de figuras do máximo nivel internacional.
2. Proxectar a imaxe da Cidade de Santiago de Compostela como foco universal do pensamento.
3. Servir de ponte para o reforzamento de contactos científicos entre líderes da máxima relevancia científica mundial e o corpo de investigadores da USC.
Estas bases diferencian o programa ConCiencia de calquera outra iniciativa de divulgación científica, posto que buscan, á marxe da clásica conferencia ou acto puntual, a rendibilización da visita destes Premios Nobel favorecendo o seu contacto con especialistas locais.
Lembramos tamén que este martes día 6 de abril se anunciará o nome do gañador do III Premio Fonseca, que servirá como colofón á nosa singradura por arquimedesenourense 0910; e agardo que servirá como punto de arranque para o vindeiro curso 2010-2011 na nosa próxima viaxe de "Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía".

No hay comentarios:

Publicar un comentario