martes, 27 de abril de 2010

Cando a creatividade da música se alía coa ciencia...

Na Coruña, do 25 ao27 de abril, I Congreso Internacional de Música Contemporánea traerá á Coruña destacados compositores e investigadores do 25 ao 27 de abril. Marcos Nebreda para la Voz de Galicia.
Trátase do I Congreso Internacional de Música Contemporánea que se celebrará na Coruña desde este domingo 25 ao martes 27 de abril. Establecer un tándem entre a obra sonora,os intérpretes e o oínte é o obxectivo primordial deste encontro no que se difundirá e promoverá a actividade creativa levada a cabo polos compositores e intérpretes galegos contemporáneos.
Serán tres días nos que os asistentes poderán gozar non só dos relatorios de importantes personalidades no tema, senón tamén de concertos que levarán a cabo no Paraninfo da Universidade da Coruña.
Dous grandes temas articulan a programación deste Congreso, por unha banda, o simple e o complexo e por outro, a relación entre lle linguaxe natural e a música. Do primeiro encargarase o compositor Tomás Marco que realizou diferentes investigacións sobre a memoria. Con respecto a este autor a OSG estreará a súa obra Thalassa . O segundo abordarase a través dunha serie de composicións que estruturan este Congreso.
O compositor Juan Durán presentará Sete Cancións Populares Galegas,un encargoexclusivo para esta cita. «Trátase dunha xoia única na que se estuda a relación entre a lingua e a música tradicional galegas», aseguran desde a organización deste Congreso. Detrás desta obra hai unha importante investigación sobre cancioneros.Las cancións serán interpretadas pola prestixiosa soprano galega Carmen Durán.
Helena Palma, linguista e compositora afiliada á UDC presenta unha das propostas máis curiosas do Congreso, A súa obra The Descent of Man (O orígen do ser humano) é unha simulación sónica da linguaxe que puidesen falar especies fósiles de homínidos como o Australopithecus afarensis ou o Homo erectus, habilis ou antecesor, entre outros.
Antón García Abril estrea na Coruña a obra Divinas Palabras, interpretada por profesores do a Orquestra Sinfónica de Galicia e dirixida por Víctor Pablo que entrevistará ao propio García Abril para falar desta obra.
Desde a Organización do Congreso teñen altas expectativas postas neste encontro ao que se han presentando cen propostas de gran calidade de autores afiliados a prestixiosas universidades de todo o mundo. Isto reflicte o feito de que teña unha gran aceptación na comunidade científica e musical internacional», aseguran.
Para rematar cabe destacar que a iniciativa de organizar este evento xurdiu de profesionais de excelencia no seu campo de coñecemento que desenvolven a súa actividade profesional en Galicia ou teñen vinculos estreitos coa nosa comunidade. Desde a organización apuntan a nomes como Victor Pablo Pérez, director da OSG, Florian Vlashi, virtuoso violinista especialista no repertorio contemporáneo, director de GISXX E profesor na OSG, Bernard Comrié,lingüista afiliado ao Instituto Max Planck ou o brillante pianista Julio Mourenza.
A cita imprescindible é este domingo e os próximos luns e martes no Reitorado da UDC na Maestranza.
Neste link pódese consultar o programa do Congreso e a forma de inscribirse ao mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario