lunes, 8 de febrero de 2010

Xéneros na arte

[Da exposición fotográfica Inédita de Ouka Lele] Non só na ciencia, na política ou noutros ámbitos  "masculinos" se observa unha clara discriminación por mor do xénero, tamén na arte (nese elemento asociado tantas veces ao sentimental ou "feminino"). A tal fin a Aula Castelao organizou en Pontevedra desde o 9 ao 11 de decembro do pasado 2009, unhas xornadas sobre Xéneros na Arte cos seguintes relatores e temáticas: 
a) “A perspectiva feminista na arte contemporánea. O caso de Montehermoso”. Relator: Xabier Arakistain (director do Kulturunea “Montehermoso de Vitoria Gasteiz): Arte e xénero van ser analizados dende a experiencia de Montehermoso. E Montehermoso constitúese como un espazo de produción, exhibición e difusión da arte e o pensamento contemporáneo, aplicando, como un dos seus obxectivos as políticas de igualdade entre ambos os dous sexos.
b) “A Muller real versus a muller ideal a finais do século XIX”. Relatora: Erika Bornay Campoamor (profesora de historia da arte na Universidade de Barcelona): O tema contextualízase historicamente para poñer de relevo qué aspectos, qué cambios sociais e políticos deron lugar á aparición dun tipo de muller real que contraviña un ideal que só se atopaba no imaxinario colectivo masculino.
c) “Intervencións feministas na(s) historia(s) da arte”. Relatora: Patricia Mayayo (profesora de historia na universidade Autónoma de Madrid): A historia das mulleres artistas foi, ate fai ben poucos anos, sistemáticamente ignorada polo discurso oficial. Tirar do fío desta historia non supón tan só reparar unha omisión intolerable polo discurso oficial senon tamén cuestionar moitas das categorías fundamentais sobre as que se asenta a disciplina da historia da arte no seu conxunto.
Como todo o que "toca" a Aula Castelao, interesantísimo, non si?

No hay comentarios:

Publicar un comentario