martes, 9 de febrero de 2010

Ciencia, Arte, Política, Economía e ... Filosofía.

Aproveito a seguinte noticia para lembrar e non esquecer -nin perder de vista- a obvia conexión entre ciencia e arte, política e economía... tanto cos claríns dos tempos de paz como cando retumban tambores de guerra. Segundo un titular de EL PAÍS (03/02/10): "San Sebastián reúne a ministros da UE para falar de competitividade".

O Palacio Kursaal de San Sebastián acollerá entre o domingo e o martes próximos un cume entre ministros de Competitividade (Industria e Investigación) dos 27 países da UE, quen debaterán nunha reunión informal sobre a axenda común en materia de ciencia, innovación e industria. O encontro, que terá lugar no marco da Presidencia española da UE, estará presidido pola ministra de Ciencia e Innovación, a donostiarra Cristina Garmendia.
O cume comezará coa inauguración da exposición Soños de Silicio no Centro Internacional de Cultura Contemporánea Tabakalera, á que asistirán Garmendia e representantes da arte, o cine e a gastronomía. Trátase dunha mostra que explora a converxencia entre a arte, a ciencia e a tecnoloxía.
O luns reuniranse os ministros de Competitividade para abordar, entre outros asuntos, os retos pendentes ao redor da posta en marcha do espazo europeo de investigación e o papel que a ciencia pode xogar na recuperación e o crecemento económico.
Durante a xornada final, o martes, o ministro de Industria, Miguel Sebastián, presidirá a reunión cos responsables europeos do ramo, quen debaterán sobre o vehículo eléctrico, unha das prioridades que se marcou a Presidencia española da UE durante os seis meses do seu mandato.
No marco da reunión informal desenvolverase unha exposición de vehículos eléctricos dos principais fabricantes mundiais e daranse a coñecer as conclusións da sesión plenaria que se dedicará con carácter monográfico a ese asunto.
A noticia sérveme de pretexto para "colar" a seguinte información: Do 5 ao 9 de abril de 2010 celebrarase a XXVII Semana Galega de Filosofía en Pontevedra. Este ano o título é Filosofía e Economía.
Tamén esta dirección -duns colegas de Monterroso- para albiscar e afondar tamén nas relacións entre arte e filosofía: http://filosofartemonterroso.blogspot.com/.

No hay comentarios:

Publicar un comentario