miércoles, 13 de enero de 2010

VÍDEOS SOBRE DARWIN E SOBRE O "DARWINISMO SOCIAL"


[Grazas http://enesoestamos2009.blogspot.com/] Tampouco debemos deixar pasar máis tempo: debemos -anque xa pasou o ano das conmemoracións- ter xa sempre presente non tanto a figura e a talla intelectual de Darwin -a estas alturas xa sobranceiramente destacada- senón a grandeza e significación do seu legado: a incrustación definitiva do ser humano dentro da árbore taxonómica dos seres vivos. Para tal fin, e para desbancar as erróneas interpretacións do chamado "darwinismo social", dous vídeos realizados polo prestixioso divulgador científico Richard Dawkins: sobre a teoría evolucionista e sobre "o quinto primate".

No hay comentarios:

Publicar un comentario