miércoles, 2 de diciembre de 2009

MULLER E CIENCIA

En lembranza do 25 de novembro, Día Contra a Violencia de Xénero, ou sexa, día contra a infamia, a ignominia, a barbarie; contra o odio ao feminino e contra o auto-odio masculino; e Día a Favor do mutuo coñecemento e recoñecemento, respecto e admiración. Grazas a todas as mulleres foi que os homes puidésemos sobrevivir.
Grazas a ti, muller, miña nai: alimento, acougo, acubillo, alento de esperanzas, sustento de ilusións. Para vós, mulleres, grandes "curandeiras da humanidade". Para todos nós, homes e mulleres, mulleres e homes, unha páxina web onde encontraremos un amplo blog-forum sobre "muller e ciencia"

1 comentario:

  1. Olaaaaa, cheguei hoxe aqui por primeira vez, desde o blog de Marga, vivimos nun centro tan grande que non sabemos uns dos outros.
    Encantoumeo blog, esta entrada, as referencias matemáticas que andan polo blog e por suposto as fotos deses alumnos e alumnas pensando.
    Xa incorporo aos meus favoritos este e o Tolo Meu (fabuloso título).
    Noraboa Luis, pasarei por aqui de vez en cando.
    Conchita Glez, profe de mates

    ResponderEliminar