viernes, 20 de noviembre de 2009

SAÚDOS E PRESENTACIÓN

A partir da iniciativa do curso pasado, neste presente curso 2009-2010 iniciamos unha nova xira na que pretendemos:
a) Actualizar e afondar nos aspectos máis interesantes acerca da temática da asignatura.
b) Organizar os contidos especialmente os referidos a referencias bibliográficas e de internet.
c) Ser vehículo de unión, expresión e comunicación entre os membros do grupo.
d) Ofrecer pautas, indicacións, suxestións,...
e) Ser incentivo para a formación de correos electrónicos gmail, para os novos blogues persoais (que xa están en marcha), e para outros recursos que nos ofrecen desde o portal de Google (“alertas”, bibliotecas persoais,..).
f) Dar pé á formación dun grupo de discusión e debate on-line sobre algunhas cuestións referidas ás relacións entre ciencia, técnica, sociedade e política. No primeiro trimestre abordaremos a cuestión acerca das “Alternativas enerxéticas para este século”; no segundo, “Os problemas da bioética”; e no terceiro, “As distopías e as súas alternativas”.
g) Ser punto de partida para un club de lectura e a súa expresión na web a través do blog “Ai, Ptolomeu, tolo meu!”
h) En definitiva, ser bitácora desta nova singradura. Que os ventos nos sexan propicios.

Velaquí os blogues que os alumnos e as alumnas de “Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía” do IES Otero Pedrayo de Ourense (máis un "autor invitado") están elaborando.

A filosofía no mundo científico de Tamara Mangana Blanco
aurienses de David González Dorribo
ciencia y filosofía fácil de Cristian Felipe Ortiz García
Ciencia y tecnología de Inés Roca Regueiro
Cientificosenorense de Mercedes Carballo Iglesias
El Progreso Consiiste En El Cambiio..] de Lucía Girola Gómez
Filosofando coa ciencia de Lorena Rúa Casas
Filósofo de Pablo Nóvoa García
O teu recuncho de Daniel Carvajal Alonso
pensologoexisto de María Vences Paradela
philosophĭa de Ester Cano González
SÓ SEI QUE NON SEI NADA de Pablo Romero Vilarchao
valemasmorirdepiequevivirde... de Pablo Gómez Quiroga
Érase unha vez...a ciencia de Raquel Losada García

O meu máis sincero agradecemento pola súa tan boa acollida ás miñas propostas e pola súa actitude tan entusiasta e tan cobizosa por aprender. Todos os erros que poidades observar neste como nos blogues destes meus prezados e prezadas alumnos e alumnas son responsabilidade do profe. Así pois, se queredes reclamar, ei-la miña dirección de correo electrónico: luismartinezcostas@gmail.com.

Saúde e auguri!

No hay comentarios:

Publicar un comentario