viernes, 20 de noviembre de 2009

NAS ORIXES DESTE BLOG

A partir do pasado curso 2008-2009 comezamos desde as aulas da asignatura "Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía" unha andaina que pretendía pisar e guiarse por novos carreiros. Desde esa primeira intención, elaboramos un blog (Arquímedes en Ourense) no que que pretendíamos recoller e presentar e presentar algúns dos aspectos máis relevantes desde o punto de vista da "teoría" da asignatura; pero tamén dar cabida aos traballos, disertacións e debates dos alumnos e das alumnas.

Buscábamos tamén ser fonte de enlaces a diversos lugares da rede de comunicación global para que os nosos alumnos-as tivesen recursos "á man" para adentrarse e afondar nos aspectos referidos á asignatura que lles resultasen máis atractivos.

A denominación do blog pretendía rememorar a figura do brillantísimo "tecno-científico" da Antigüidade Arquímedes e apreciar a súa vida como símbolo dunha actitude na que se unía a grandeza intelectual cunha non menos gran talla moral.

Varios imprevistos motivaron que a partir de febreiro do 2009 o proxecto quedase paralizado e impediron que non se puidese cumprir cos todos os obxectivos do plantexamento inicial:. Quedaron por desenvolver algunhas das cuestións de tipo teórico, especialmente as referidas á relación entre ciencia, técnica e sociedade; faltaron por incluír os diversos traballos que presentaran os alumnos: traballos de investigación, resumes de libros, disertacións, debates,...

Non todos eses traballos entran baixo a "ortodoxia" científica; pero expresan as inquedanzas "máis alá da ciencia", precisamente -nalgúns casos- dalgúns dos alumnos máis animosos do pasado curso. Noutras ocasións procuran facer "ciencia" ou "técnica" rudimentaria; noutros, se sitúan máis en ámbitos máis teóricos dalgunha disciplina particular... Todos, para min, teñen o seu mérito porque expresan desde a liberdade de cada alumno e alumna as súas preocupacións máis persoais (científicas ou "metacientíficas") e son froito do seu esforzo e traballo durante moitas horas. Grazas tamén a todos pola súa adicación.

Desde aquí o compromiso de que na medida do posible e sen demasiada dilación iremos introducindo eses elementos que faltan: a) en canto os aspectos "teóricos" da asignatura os iremos introducindo no blog citado; b) en canto aos traballos dos alumnos, os poderes ir encontrando no blog "Arquímedes en Ourense 08-09".


No hay comentarios:

Publicar un comentario