jueves, 15 de diciembre de 2011

Música e instrumentos musicais... por Gabriel da Aira

Recupero aquí unha presentación realizada por Gabriel da Aira, alumno do pasado curso. Grazas, Gabriel, polo teu traballo; e grazas a todos os alumnos e alumnas dese curso 2010-2011 pola súa dedicación a esta asignatura.

lunes, 28 de noviembre de 2011

Entrevista a Demetrio Espinosa, ex-concelleiro de Medio-Ambiente.

Entrevista que realizamos no pasado mes de marzo a Demetrio Espinosa, daquela concelleiro de Medio Ambiente. A partir de aí, Adrián Grande e Noé Martínez desenvolveron algunhas das cuestións que na entrevista se abordaron, especialmente o asunto dos Xardíns Botánicos. 

jueves, 24 de noviembre de 2011

Proposta de cuestións para o bloque I de FiCT.

1.Podemos afirmar que a ciencia, en maior ou menor medida, pretende ……….,……… e ……….  os  fenómenos naturais e os acontecementos humanos.
2. V ou F?
a) Descartes pretendía unificar as ciencias baixo un mesmo método.
b) Dilthey separa as “ciencias naturais” das “ciencias humanas”
c) A demostración “a posteriori” demostra as causas polos efectos.
3. Presenta en esquema a división das ciencias.
4. Que é a “reducción ao absurdo”?
5. Cales son os catro métodos que segundo Peirce adoitamos para asegurar as nosas crenzas?
6. En que consiste o método deductivo?
7. Pasos do método inductivo.
8. Deficiencias do método inductivo.
9. Fases do método hipotético-deductivo.
10. Cal é a diferencia entre Carnap e Popper?
11. Define: a) hipótese; b) lei.
12. Cales son as tradicións epistemolóxicas das ciencias sociais?
13. V ou F?
a) Toda hipótese é unha lei.
b) A partir do s. XVI a técnica entendeuse básicamente como “mecánica”.
c) Os ilustrados crían na bondade da técnica.
14. “Na Grecia clásica, técnica e ciencia se identificaban”. V ou F? Explica a túa resposta.
15. Cal era a posición do socialismo marxista no século XIX sobre a relevancia da técnica?
16. Cal e a opinión de Heidegger sobre a técnica?
17. Cales son os mitos da ciencia?
18. Importancia de Thomas Kuhn na “filosofía da ciencia”.
19. Cal é a postura filosófica de Feyerabend.
20. Crise do modelo tecnocientífico?

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Morre a nosa querida Profesora Lynn Margulis, defensora do papel das bacterias na explicación da orixe e evolución da vida.

A bióloga norteamericana Lynn Margulis, autora dunha teoría que outorga un importante papel ás bacterias na evolución da vida na Terra, a simbioxénese, faleceu onte no seu domicilio, en Massachusetts, tras sufrir o pasado xoves un ictus que non puido superar. A noticia confirmouna o seu fillo, Dorion Sagan, a través da súa páxina de Facebook, a través da cal científicos de todo o mundo están deixando as súas condolencias.  Horas máis tarde, a Universidade de Massachussett (Amherst), onde ocupaba unha cátedra no Departamento de Geociencias, fixo pública a súa morte. "Ela déixanos unha inmensa herdanza académica tanto polo seu orixinal pensamento como pola súa infatigable dedicación a investigar en múltiples campos da ciencia que nos din como funciona este mundo e en que se converteu ao longo do tempo", declarou o reitor da univesidad, Robert C. Holub. "É unha gran perda para o campus e para a súa familia".
Margulis, que tiña 73 anos, foi unha das poucas investigadoras cuxos achados figuran desde fai anos nos libros de texto. Nacida en Boston e licenciada en Ciencias pola Universidade de Chicago, desde os seus inicios centrouse na procura da orixe da vida e como esta se había feito forte no planeta.
A súa hipótese máis coñecida, e tamén máis polémica, afirma que a aparición das células eucariotas, que son as que teñen un núcleo co seu material hereditario -un paso fundamental na evolución da vida-, debeuse á incorporación mediante simbiose de varias células procariotas, que son as que non teñen ese núcleo celular diferenciado. Para Margulis, esta simbioxénese foi e é a base de todas as novidades biolóxicas, unha teoría contraria ao neodarwinismo, que defende a selección natural. Tamén foi unha pertinaz defensora da Teoría de Gaia, de James Lovelock, que considera ao planeta como un organismo vivo no que todo está interconectado.
Era moi nova, só tiña 19 anos, cando casou co astrónomo Carl Sagan, co que tivo ao seu fillo Dorion, agora tamén un coñecido biólogo que segue o ronsel científico dos seus pais. Pero a fama do esposo, do que se terminaría separando, non lle fixo sombra e Margulis converteuse nun dos membros máis novos da Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos (texto recollido de El Mundo, 23/11/2011).
Miles de abrazos, para sempre, desde este recuncho da Gallaecia (tan perto hai millóns de anos) ao que chegaron os seus ollos tan cheos de amabilidade, queridísima Profesora Margulis. Desde a vella Auria hoxe tamén moitos corazóns senten a súa dóce presenza e o seu vigor intelectual alén do mar.

Victoria Camps... vista por Tamara e Iris.


Xenial aproximación a unha das figuras máis relevantes da filosofía española, especialmente preocupada por un asunto que nos interesa moito desde esta asignatura: a bioética. View more presentations from Dpto. Filosofía IES Otero Pedrayo Ourense.

Jesús Mosterín... visto por Iván, Uxía, Eva e Nati.


Un estupendo traballo realizado para conmemorar o Día Mundial da Filosofía 2011, tomando como referencia a un dos filósofos españois máis destacados, que ten transitado polos distintos campos do pensamento desde unha actitude crítica, comprometida e innovadora: Jesús Mosterín. Ademais invítovos a que pinchedes aquí.