Mostrando entradas con la etiqueta astronomía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta astronomía. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de julio de 2010

Excelente páxina web sobre astronomía.

Non coñezo mellor páxina sobre astronomía que esta: http://www.noticiasdelcosmos.com/. Desde esta páxina, Gerardo Blanco, desde 2006, leva incorporando noticias e actualizando constantemente esta web. Con enlaces a outras páxinas,... Unha marabilla. Grazas, Gerardo.

jueves, 17 de diciembre de 2009

REMATANDO O ANO 2009, ADICADO Á ASTRONOMÍA...




[Foto tomada da páxina web: http://blogueiros.axena.org/wp-content/uploads/2008/12/eclipse.png; premio especial Ano Internacional da Astronomía 2009: "Secuencia do eclipse total de sol de 1 de agosto de 2008, desde Yiwu, China". Autor: Juan Antonio Bernedo Casis. Grazas.]
Á parte de interesarnos pola vida dos grandes astrónomos "antigos" (Filolao de Crotona, Aristarco de Samos, Claudio Ptolomeo) e "modernos" (Copérnico, Kepler, Galileo, Newton, Einstein); á parte de distinguir entre a teoría xeocéntrica e a definitiva teoría heliocéntrica; á parte da exposición da teoría do Big Bang; non estará de máis que lle botemos unha ollada ao Calendario Cósmico de Carl Sagan. Este mesmo gran astrónomo e divulgador científico tamén nos levará a distinguir entre astroloxía e astronomía ou nos resumirá e amenizará co seu relato sobre a orixe do Universo (I e II).
Desde Redes, outro gran comunicador da ciencia, Eduardo Punset nos desvela os enigmas que oculta o universo (I, II e III).
Tamén hai momentos para as curiosidades como o choque entre Andrómeda e a Vía Láctea; ou momentos para recreacións artísticas, musicais... "alucinantes" sobre o Big Bang (I, II e III) ou sobre os Buratos Negros (I e II); ou "a imaxe máis impactante tomada desde o Hubble".
Pero, sen dúbida, o astrónomo máis recoñecido e admirado na actualidade é Stephen Hawking, presisamente gañador o ano 2008 do I Premio Fonseca. Impórtanos del a súa vida e traballo diarios. El mesmo nos ofrecerá en The Origin of Universe interesantísimo repaso á cuestión acerca da orixe do Universo ao longo da Historia en cinco vídeos (I, II, III, IV e V). Tamén poderemos "flipar" con Hawking na gravidade-cero, ou cunha partida de póker con Newton e Einstein na famosa serie de ciencia-ficción, Star Trek.
Por último, non me puiden conter e pareceume pertinente introducir esta "representación" elaborada por estudantes ... con gracioso final.
De todos os xeitos, quizais unha das páxinas máis completas sobre astronomía -anque excesivamente cargada de "publicidade"- sexa http://www.astronomía.com/.
Que o vindeiro ano 2010 sexa propicio para todos, tamén para a astronomía. Saúde. Luís.