[Foto tomada da páxina web:
http://blogueiros.axena.org/wp-content/uploads/2008/12/eclipse.png; premio especial
Ano Internacional da Astronomía 2009: "Secuencia do eclipse total de sol de 1 de agosto de 2008, desde Yiwu, China". Autor: Juan Antonio Bernedo Casis. Grazas.]
Á parte de interesarnos pola vida dos grandes astrónomos "antigos" (
Filolao de Crotona,
Aristarco de Samos,
Claudio Ptolomeo) e "modernos" (
Copérnico,
Kepler,
Galileo,
Newton,
Einstein); á parte de distinguir entre a
teoría xeocéntrica e a definitiva
teoría heliocéntrica; á parte da exposición da
teoría do Big Bang; non estará de máis que lle botemos unha ollada ao
Calendario Cósmico de Carl Sagan. Este mesmo gran astrónomo e divulgador científico tamén nos levará a distinguir entre
astroloxía e astronomía ou nos resumirá e amenizará co seu relato sobre a
orixe do Universo (
I e
II).
Desde
Redes, outro gran comunicador da ciencia,
Eduardo Punset nos desvela os enigmas que oculta o universo (
I,
II e
III).
Tamén hai momentos para as curiosidades como o
choque entre Andrómeda e a Vía Láctea; ou momentos para recreacións artísticas, musicais... "alucinantes" sobre o Big Bang (
I,
II e
III) ou sobre os Buratos Negros (
I e
II); ou "
a imaxe máis impactante tomada desde o Hubble".
Pero, sen dúbida, o astrónomo máis recoñecido e admirado na actualidade é
Stephen Hawking, presisamente gañador o ano 2008 do I Premio Fonseca. Impórtanos del a súa vida e traballo diarios. El mesmo nos ofrecerá en
The Origin of Universe interesantísimo repaso á cuestión acerca da orixe do Universo ao longo da Historia en cinco vídeos (
I,
II,
III,
IV e
V). Tamén poderemos "flipar" con Hawking na
gravidade-cero, ou cunha partida de póker con Newton e Einstein na famosa serie de ciencia-ficción,
Star Trek.
Por último, non me puiden conter e pareceume pertinente introducir esta "representación" elaborada por estudantes ...
con gracioso final.
De todos os xeitos, quizais unha das páxinas máis completas sobre astronomía -anque excesivamente cargada de "publicidade"- sexa
http://www.astronomía.com/.
Que o vindeiro ano 2010 sexa propicio para todos, tamén para a astronomía. Saúde. Luís.