lunes, 13 de mayo de 2019

Noraboa polo voso traballo e a vosa dedicación á Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía neste curso 2018-2019: David, Noel, Xeila, Aldara, Elena, Martín, Margaret, Sara, Andrea, Raúl e Lorenzo. Que a forza e a reflexión tecnocientífica vos acompañe!!🌍🌎🌏

jueves, 22 de noviembre de 2018

Para extender unha invitación aos ceos galegos

Hoxe "pasaba por aquí, ningún teléfono cerca..." e púxenme a ollar para os ceos cheos de nubes e choivas...





E lembrei esta invitación de Dosi Veiga,  fantástico divulgador da astronomía en Galicia!!

"Un ano máis, por segundo consecutivo, xa está nas mellores librarías do país este proxecto de fermosas fotos do ceo galego en forma de calendario mural. O proxecto leva todo o ano publicando máis de 100 fotos na web https://www.ceosgalegos.com cos seus textos explicativos. Ademais, xa colaboramos con outras iniciativas astronómicas e científicas, convocamos concursos de fotografía e moito máis. Un proxecto que se sustenta unicamente das ventas que realizamos dos calendarios nesta época do ano, un bonito exemplar para gozar na casa e para regalar. Podedes adquirilo nas librarías nas que está dispoñible

Tamén acabamos de convocar o primeiro concurso de astrofotografía de Galicia, que resolveremos o mes que vén. Unha vez que teñamos todas as imaxes, faremos tamén unha votación popular ao través da mesma web.

Por último, estamos a facer presentacións por todo o país, en diversos locais e datas. Estaremos en Ourense, Lugo, Vigo, Carballo, Santiago de Compostela, Pontevedra... pendentes de seguir facendo máis. Nestas presentacións facemos sorteos e regalos, así que xa sabedes ;-)

Ourense: venres 30 de novembro de 2018 na libraría Tanco e 28 de decembro na libraría Káthedra.
Carballo: 5 de decembro na libraría Punto e Coma.
Santiago de Compostela: 20 de decembro na libraría Pedreira e 2 de xaneiro en Numax.
Lugo: sábado 12 de xaneiro ás 12:00 horas na libraría Trama.
Vigo e Pontevedra: pendentes de concretar.

Agardamos vervos nalgunha destas presentacións"