miércoles, 4 de abril de 2012

Sobre o exame para a 3ª avaliación.

Ola, prezados-as alumnos-as.
Interrumpo o voso ben gañado descanso pascual para ofrecervos algunhas pistas, indicacións, acerca do exame para esta 3ª avaliación, que -lembrade- terá lugar o martes 24 deste mes de abril.
O exame constará de dúas partes:
a) Comentario de texto (a partir dun dos tres textos que aparecen antes dos contidos para esta 3ª avaliación); e
b) Responder a 5 preguntas (as que vos queirades) de entre estas nove:
1. Explica a perspectiva de Marx acerca do traballo.
2. Explica a perspectiva de Durkheim acerca do traballo.
3. Explica a perspectiva de Weber acerca do traballo.
4. Importancia da técnica como factor definitorio do ser humano.
5. Elabora un cadro das distintas fases de desenvolvemento da técnica segundo Mumford.
6. Causas do cambio tecnolóxico.
7. Perspectiva histórica sobre a importancia da técnica.
8. Crise do modelo tecnocientífico.
9. Esquema da evolución e desenvolvemento da técnica e da tecnoloxía.
Arrivederci!

No hay comentarios:

Publicar un comentario