viernes, 21 de octubre de 2011

FIAT LUX, de novo, NO CURSO 2011-2012.



Despois de algo máis dun ano, volvemos a recoller o temón e poñemos rumbo onde nos leve o vento, deixándonos ir … Continuamos neste blog as peripecias de trinta e tantos enredados pola Filosofía da Ciencia neste curso 2011-2012 e os seus “danos e esperanzas colaterais”. Mentres Eduardo Punset anuncia “todo natural, nada artificial”, 20-N, 15-M, 11-S, 15-O, e a gran “crise” de Europa, a “gran depresión” do euro,… e a “catástrofe humanitaria” de Somalia, de Kenia,… Un 21 de outubro, de 1879 (as mesmas cifras que as da data da Revolución Francesa), en EE.UU., Thomas Edison conseguiu que a súa primeira lámpara eléctrica lucira durante 48 horas ininterrumpidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario